ALICIA BORRÁS VISITOUNOS POLO DÍA DO LIBRO


Estivo acompañando ós rapaces de 3 anos. 

Este curso, os nenos e nenas de 3 anos recibiron a visita da escritora Alicia Borrás, autora do libro O señor corpo quere xogar. Esta lectura fora recomendada ó alumnado de Educación Infantil polo Nadal.

Con Alicia pasamos un rato xogando e bailando ó ritmo das letras dos seus poemas.

Despois de mover os corpiños, Alicia firmou ós nenos cadanseu libro, cunha grande amabilidade e agarimosas palabras.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver outras instantáneas da visita.


E aquí tendes un pequeno vídeo que recolle un fragmento da sesión.




Por último, deixámosvos coa dedicatoria que Alicia deixou no noso caderno de visitas.


Comentarios