VISITAMOS A ESCOLA INFANTIL DE NAVIA
Para celebrar o Día do Libro.
Ademais de celebralo no propio cole, polo Día de Libro adoitamos compartir lecturas cos nosos veciños. Neste caso comezamos o periplo cos máis próximos: a Escola Municipal de Educación Infantil de Navia.
Os nenos e nenas de 5 anos actuaron como embaixadores. Para iso prepararon o conto Las diez gallinas, unha das súas lecturas favoritas.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes disfrutar de máis momentos da xornada.
Que día tan magnífico!
E que maiores se sentiron os nenos de 5 anos!
Moitos parabéns, rapaces!
Comentarios