ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA


Cun acto cheo de intimidade, natureza e poesía.

O pasado día 21 de marzo celebramos no colexio o Día da Poesía. Xa que esta data coincide que comezo da primavera, quixemos facer un acto de amor ós nosos bosques, tan maltratados no pasado outono.

Para iso programamos uns actos en colaboración con outros centros da nosa cidade e co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Comezou a mañá compartindo co alumnado o recente premio recibido polos nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria, por un vídeo en stop-motion creado o curso pasado. Montse, a directora, e algúns dos protagonistas desvelaron o contido do agasallo. (Se premedes na seguinte imaxe, accederedes a máis fotos deste momento).


Outra actividade a salientar son os poemas creados polo alumnado de algunhas aulas. Titulámola Agromando versos, e poderedes consultala neste enlace

Por último, compartimos un tendal de poesía que chamamos Follas novas para os montes. No seguinte enlace podedes curiosear o que temos celebrado. 

Comentarios