CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO EN ALENTO
Un encontro intenso e inclusivo.
Ademais da Escola de Educación Infantil e da Escola Superior de Arte Dramática, temos a sorte de ter por veciños a APAMP e a ALENTO, dúas institucións que teñen por obxectivo axudar ás persoas con dano cerebral. A nosa colaboración con elas é permanente e sempre frutífera.
Así pois, como xa vimos facendo en cursos anteriores, tamén celebramos con eles o Día do Libro, aínda que unha xornada despois: o 24 de abril.
En primeiro lugar acudimos a Alento, onde, cos seus disfraces, o alumnado bibliotecario de 6º curso representou e cantou poemas de Abezoo e contou a historia de Rimas para enero y para el año entero. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a máis fotos da xornada.
Os usuarios tamén quixeron sorprendernos, e dous deles recitáronnos marabillosamente ben un par de poemas de Rosalía de Castro: Adeus ríos, adeus fontes e Negra sombra.
Para rematar a visita, fixemos entrega dun libro de pictogramas elaborado no cole coas Cantigas de Martín Códax. Quedaron moi agradecidos e emocionados, como podedes ver neste vídeo.
Comentarios