MAIORES E CATIVOS, REUNIDOS POLO DÍA DO LIBRO



Durante a Hora de Ler. 

O Día do Libro asistimos a unha fermosa actividade compartida, desenvolvida polo alumnado bibliotecario para os cativos de 3 anos.

Como entrenamento para a saída a ALENTO e APAMP, os bibliotecarios contaron varios poemas recollidos no libro Abezoo. Se premedes na seguinte imaxe poderedes gozar con outros momentos da xornada.



Rematada a sesión, todo o alumnado de Infantil e os contadores reunímonos no patio para cantar xuntos O libro máxico, de Migallas. Premede na imaxe para ver que ben o pasamos!




Comentarios