O VINDEL NO FARO DE VIGO


Un paseo polas distintas seccións do xornal. 

O mes pasado concluíu a visita á nosa cidade do Pergamiño Vindel, obxecto do PDI deste curso. Constituíu un feito tan importante que xerou un sinfín de novas antes, durante e despois da súa presenza entre nós.

Neste tempo fomos recopilando as informacións aparecidas no Faro de Vigo, o noso diario local, e con elas traballamos pola Semana da Prensa.

Agora, se pasades polos corridores do colexio, atoparédelas decorando as paredes, organizadas nas distintas seccións dun xornal. E case non houbo sección na que non aparecera.
















Así de grande e intensa foi a visita do Vindel!

Comentarios