O VINDEL DO CASTELAO
O resultado do noso traballo pola Semana da Prensa.
Cun pouco de retraso dámosvos a coñecer esta fermosa actividade que desenvolvimos co gallo da Semana da Prensa.
Despois de analizar as novas aparecidas na prensa sobre o Pergamiño Vindel (consultar o post) e de organizalas nun mural que decora o andadeiro da escola (ver post) tocaba exercer de periodistas.
A cada nivel adxudicámoslle unha sección do periódico. O obxectivo era crear, entre todos, unha publicación titulada O Vindel do Castelao na que se recolleran os principais eventos acaecidos no centro en relación co noso PDI deste curso (Palabras que trae o mar).
A distribución foi a seguinte:
- Educación Infantil: Anuncios
- 1º curso de Primaria: Portada
- 2º curso de Primaria: Sociedade
- 3º curso de Primaria: Local
- 4º curso de Primaria: Entrevista
- 5º curso de Primaria: Editorial
- 6º curso de Primaria: Opinión
E aquí tendes o resultado: un produto competencial e creativo. Premede na imaxe para acceder ó contido.
Comentarios