ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NA BIBLIOTECA NACIONAL
Relatado por Ángeles Escribano.
O bo de ter boas compañeiras bibliotecarias xubilosamente xubiladas é que nos informan de primeira man, e gratuitamente, sobre os acontecementos culturais que poden ser do noso interese.
Esta mañá amencimos co titular da entrega dos Premios Vigueses Distinguidos, concedidos este ano (entre outros) ós escritores Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro. Sen embargo, extrañábanos que este último fora representado pola súa filla.
A razón desvelóunola Ángeles Escribano: tal día coma onte, Antonio estaba en Madrid impartindo unha conferencia na Biblioteca Nacional. Ademais de Ángeles asistiron amigos escritores e ilustradores, como Juan Carlos Martín Ramos, Gonzalo Moure ou Ricardo Gómez.
Na charla, moi emotiva, Antonio fixo referencia a Galicia e á lingua galega.
Conta a nosa cronista que o público tamén estivo moi emocionado.
Deixámosvos coa reportaxe fotográfica enviada pola nosa corresponsal.
Grazas, Ángeles!
Comentarios