FOLLAS NOVAS PARA OS MONTES
O Día da Poesía coincide coa chegada da primavera. E este curso quixemos celebralo recitando poemas ás árbores e ós bosques.
En tres quendas reunímonos no vestíbulo de Educación Infantil. Ó tempo que recitabamos poemas iamos vestindo de fermosas follas de cores a columna central, que quedou convertida nunha frondosa árbore multicolor.
Na primeira quenda participaron os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria, e os de 4 e 5 anos de Educación Infantil.
A segunda estivo protagonizada polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañados dos cativiños de 3 anos.
A última a compartiron en exclusiva os nenos e nenas de Educación Infantil.
Aquí tendes os vídeos deste día.
Cada unha das xuntanzas rematou cantando e bailando a canción de María Fumaça titulada Ven comigo, que adaptamos para a ocasión.
Se premedes na imaxe anterior poderedes ver outras imaxes do día.
Unha xornada feliz, entrañable e poética.
Comentarios