A VISITA DE SARA


R, R, R, R, R, R.

O 7 de marzo recibimos no cole unha visita especial. Unha mamá achegouse onda nós para falarnos sobre o que podemos facer para coidar o mundo no que vivimos. Tratábase de Sara, a nai de Jonás (2º de Primaria) e Ayla (5º). É a propia Ayla a que nos conta en que consistiu a charla:

O xoves 7 de marzo veu Sara a falarnos sobre como reducir o lixo. Comentounos seis palabras que empezan pola letra R: Rechazar, Reducir, Reutilizar, Reparar, Reincorporar e Reciclar

Díxonos que, para RECHAZAR, non podes ir á tenda e coller todo o que vexas de balde se non o precisas, senón que hai que deixalo para outra persoa que o necesite. Ou non coller a bolsa se só mercas un chupachups, co que á vez estás REDUCINDO

Para REUTILIZAR hai que usar as cousas todas as veces que se poida. Por exemplo: se se te racha o pantalón podes cortalo para poder usalo en verán e así non o tiras. 

Para REPARAR hai que arranxar os obxectos cando se rompen en lugar de mercar outros novos. 

Para REINCORPORAR algo, podes regalalo cando a ti xa non che vale, ou podes doalo a bibliotecas ou asociacións para que outros o usen. 

E cando xa non podes facer nada diso, tes que RECICLALO

Tamén nos falou de cousas que podemos cambiar para facer menos lixo. Por exemplo: en vez de palliñas de plástico podes usalas de aceiro inoxidable; en vez de bolsas de plástico, bolsas de tea; en vez de cepillo de dentes normal, un de bambú; en vez de cleenex, panos de tea...


Grazas, Sara! Unha charla ben interesante! E grazas a Ayla por seres tan boa reporteira!

Comentarios