APRENDENDO A FACER TRASNADAS
En 4 anos B.
O 4 de abril estiveron polo cole os papás de Adán, que estiveron axudándonos co noso PDI. Como sabedes, estamos a traballar os seres míticos do bosque galego. Así que viñeron contarnos cousas das trasnadas.
Primeiro, explicáronnos o que eran; e logo, aprendéronnos a facer unha, para enganar ós trasnos. Enchemos cadanseu saquiño con 13 fabas e garavanzos, para levar á nosa casa. Isto parece unha tontería, pero é unha trampa para trasnos: se algunha noite deciden entrar na casa non poderán facer ningunha trasnada, porque pasarán a noite contando.
Sabedes por que? Pois porque os trasnos... só saben contar ata 10! (Aínda que seguro que se pasaran pola nosa clase, aprenderían a facelo axiña).
Grazas, familia! Canto aprendemos con vós!
Comentarios