YOLANDA CASTAÑO, NA NOSA BIBLIOTECA


Co alumnado de 4 anos. 

O luns 8 de abril tivemos un comezo de semana magnífico: a poetisa Yolanda Castaño estivo na nosa Biblioteca recitándonos poemas do seu libro Coller as rendas, que estivemos a traballar como lectura obrigatoria durante este curso.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da sesión.


O encontro desenvolveuse en dúas sesións, ó remate das cales Yolanda firmou os libros dos cativos e, como non, deixou a súa pegada no noso Libro de firmas.




Os de 4 anos B non quixeron desaproveitar a ocasión de recitar un dos poemas do libro.



E agora, un segredo que nos contou a Maga Tomasa: seica Yolanda quedou engaiolada coa nosa escola!

Grazas, Yolanda, por estares connosco esta mañá!

Comentarios