CREATIVIDADE COA FROITA


Un obradoiro san e divertido. 

O último día de clase do Segundo Trimestre, os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria participaron nun obradoiro moi doce: Cociña creativa con froita.

A encargada de levalo adiante foi a profe Noelia.


Os rapaces estaban entusiasmados coa actividade.


E, por parellas, idearon platos ben creativos.


Antes do recreo, rematamos cunha merendola no corridor.


Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a outros momentos moi divertidos do obradoiro. 



Grazas, Noelia! Que ben o pasamos! E que merenda tan deliciosa tivemos!


Comentarios