POESÍA NA NATUREZA
Encadra e dispara!
Como lembraredes, hai unhas semanas propuxemos unha actividade de fotografía titulada Practica a foto denuncia! Moitos de vós enviastes imaxes que xa fomos publicando. E seguiremos a publicar as que continuedes a enviar.
Sen embargo, agora queremos proporvos a actividade contraria. Dado que o lema deste curso nas Bibliotecas Escolares é Poéticas diversas, por que non retratar a poesía que podemos atopar na Natureza? A primavera é unha explosión de vida, de cor, de verdor.
Coa actividade Poesía na Natureza pretendemos que pasedes un tempo descubrindo, en familia, a beleza do entorno natural, concienciándonos, ó mesmo tempo, da necesidade de preservalo. Para participar coa vosa familia podedes seguir o seguinte proceso:
- Fotografiade unha imaxe fermosa da natureza: un bosque, o mar, unha posta de sol, unha árbore agromando, unha flor, un insecto, un animal...
biblionavia@gmail.com
3. No dito mail indicade:
- Asunto: Poesía na natureza
- Familia do alumno/a que a envía
- Lugar onde foi tomada a imaxe
5. Con todas as fotografías que enviedes faremos o reverso do álbum - denuncia que enviaremos á Concellaría de Medio Ambiente: a beleza do natural é o que queremos reivindicar para a nosa vida e para a nosa cidade
Antes de vos deixar, facémosvos unha suxestión: por que non vos achegades ó Monte da Sobreira para comprobar como medran as árbores que plantamos a principio de curso?
Que dicides? Animádesvos a retratar tanta fermosura?
Comentarios