CHARLA SOBRE O ACOSO


En 6º de Primaria. 

Para comezar a nosa Semana Cultural, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria recibiron a visita de Mónica, unha policía nacional que falou de acoso, tanto físico como a través das redes. Un tema que todos podemos padecer dun xeito ou doutro.

Mónica falounos da importancia de estar atentos, xa que os acosadores adoitan maltratar as persoas máis débiles: aquelas que están soas e teñen poucos amigos.



Pois iso! Nin acosadores, nin cómplices!

Comentarios