OBRADOIRO DE POESÍA
Durante a Semana Cultural.
Tamén trasladamos á Semana Cultural o Día da Poesía, para o que propuxemos un Concurso de Recitado, segundo publicitamos nun post anterior.
Paseando polas aulas descubrimos que a proposta se converteu nunha auténtica tarefa, na que o alumnado desenvolveu un traballo pluri - competencial:
- comprensión lectora;
- expresión oral;
- creatividade;
- expresión corporal;
- expresión plástica;
- memoria;
- tratamento das linguas: galego, lingua inglesa;
- educación inclusiva;
- traballo en equipo...
(Premede na imaxe anterior para ver máis momentos do obradoiro)
Que fachenda!
Comentarios