XINCANA DOS SENTIDOS
En Educación Infantil.
Os tres últimos días do Segundo Trimestre tivemos, na nosa escola, unha programación especial. En Educación Infantil preparamos nunha Xincana dos sentidos na que partipou todo o alumnado ó mesmo tempo, organizados en grupos interniveis.
Para iso, contaron co alumnado de 1º e 2º de Primaria. Algúns deles fixeron de animadores dos obradoiros:
Outros, eran os encargados de levar ós distintos grupos ós seus destinos:
Logo, os grupos foron organizándose no corridor.
E, por fin, comezou a actividade: un obradoiro para cada sentido.
Neste pequeno vídeo podedes comprobar como se desenvolveu un dos obradoiros do olfacto.
Gozamos un montón coa actividade. Pero se queredes comprobalo, premede na seguinte imaxe, que vos levará ó álbum de fotos.
Comentarios