FALAR COAS MANS


Charla da Asociación Manciñas. 

Durante a nosa Semana cultural tivemos o inmenso pracer de coñecer ós membros da Asociación Manciñas. Trátase dunha asociación de persoas xordas que, ademais de contarnos a súa experiencia persoal coa xordeira, sensibilizáronnos sobre a importancia da lingua de signos.

Nesta charla participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Resultou tan interesante que o tempo quedou curto para tanta pregunta. E todos, grandes e cativos, rematamos signando.



Se premedes na seguinte imaxe poderedes gozar con outros momentos desta interesante charla.


Comentarios