CHARLA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR


Con Benito García. 

O último día do Segundo Trimestre, os rapaces de 5º e 6º de Primaria participaron nunha charla con Benito García, periodista lalinense que, na actualidade, é xestor de empresas de medio ambiente.

Tratouse dunha charla interesante, moi ben documentada, intensa e densa. Porque, no tema da sostenibilidade, todos xogamos un papel moi importante.

Hoxe en día, os problemas ambientais e de cambio climático que padecemos son produto dun consumo desmesurado. Por iso estamos obrigados a usar as materias primas da Natureza ata uns límites razoables.

A situación é tan grave que das 3R temos pasado ás 9R, e a ONU, despois do Acordo de París sobre o Cambio Climático, ten fixado os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.

Se premedes na seguinte fotografía poderedes ver outras imaxes da charla.



Seremos quen de reducir os residuos só ó 1% de materia orgánica, en forma de compostaxe? Aí temos un obxectivo de nivel!




Comentarios