CAMIÑANDO...
... e documentándonos polo bosque.
O proxecto do alumnado de 1º curso de Primaria titúlase Camiñando polo bosque.
Como todo bo traballo de investigación, o desenvolvemento do proxecto pasa por tres fases:
- busca de información
- tratamento da información
- comunicación
Durante a primeira fase, a rapazada recabou entre os seus familiares e distintos documentos esta información. Como vedes, traballaron moito, e non esqueceron citar as fontes que empregaron.
Agora toca analizar a información e organizala dun xeito coherente. Pero iso (e a comunicación) será outra historia.
Parabéns, chicos!
Comentarios