PRACTICA A FOTO - DENUNCIA!


Fotografía para que tomemos nota!

Este curso, co PDI Pinga a pinga, pensa en verde, pretendemos sensibilizarnos sobre a necesidade de coidar a Natureza. O que poidamos dicir sobre este tema é pouco. Sen embargo, todos sabemos que "unha imaxe vale máis que mil palabras".

Algúns fotógrafos teñen conseguido crear auténticas obras de arte, ó tempo que denuncian catástrofes ecolóxicas. Iso foi o que ocorreu coa exposición O triunfo da solidariedade, unha exposición de fotoperiodismo que pretendeu homenaxear ós voluntarios do Prestige.

A denuncia e a sensibilización é tamén o obxectivo do noso amigo Blas González, un vigués que adica o seu tempo libre á fotografía, e que está a obter numerosos recoñecementos dentro e fóra do noso país. No seguinte vídeo Blas reflicte o deterioro medioambiental que supuxo a desecación da Lagoa de Antela, na Limia.



Por desgraza, abundan os exemplos de maltrato da Natureza. Tanto, que, ás veces, xa nos parece unha actitude normal. Coa actividade Practica a foto - denuncia! pretendemos sensibilizar á nosa Comunidade Educativa no respecto do medio ambiente. Para participar coa túa familia podes seguir o seguinte proceso:

  1. Fotografía un lugar ou feito que supoña unha agresión contra a Natureza (pode ser na contorna máis próxima, durante un paseo polo parque, polo monte, pola praia...). Seguro que todos coñecemos algunha situación así. 
      2. Envía a foto ó correo electrónico:
biblionavia@gmail.com
      3. No dito mail indica: 
      • Asunto: Practica a foto - denuncia
      • Familia do alumno /a que a envía
      • Lugar onde foi tomada a imaxe
      4. A vosa imaxe publicarémola no blog da Biblioteca.

      5. Con todas as imaxes que enviedes elaboraremos un álbum, que enviaremos á Concellaría de                Medio Ambiente. 


Animádevos a participar! Coidemos o medio ambiente!

Comentarios