Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

26/11/10

SEMENTANDO LECTORES

O pasado 22 de outubro tivemos unha concurrida xuntanza na aula de infantiol de 4 anos e inauguramos de xeito solemne (con doces incluídos) o clube "Sementando lectores". Falamos de lecturas para nenas e nenos, para adultos... Visitamos a biblioteca do noso cole e despois de moito falar...percatámonos de que queda moito por facer!
E continuaremos neste traballo cunha actividade "especial para familias" no mes de Nadal da que vos falaremos proximamente.
Mirade que guapas e formadas familias lectoras de Navia...

video

Érase un día, una poesía.

O pasado día 4 de novembro, os alumnos de 6º curso prepararon un recital de poesía no que deron lectura a poemas creados por eles. Invitaron aos seus pais e nais, pero non só como espectadores, senón a participar tamén lendo unha poesía que escolleran para a ocasión. Ó inicio do acto, recibiron unha sorpresa por parte dos alumnos de 4 anos que recitaron unha poesía que lles gusta moito. Foi un momento cargado de sensibilidade e emoción, onde houbo cabida para a multiculturalidade, pois se recitaron poemas en castelán, galego, portugués, grego e árabe. En fin, unha iniciativa que foi do agrado de alumnos, profesores e pais, da que vos deixamos unha mostra a través destas fotos.

video