Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

27/11/15

SAMAÍN 2015

Ola familias , aquí podedes ver as fotos dos contos terroríficos que representaron os axudantes de biblioteca o día do Samaín.















PROGRAMACIÓN CULTURGAL

Ola familias, aquí tedes o programa de CULTURGAL 2015

26/11/15

Ola familias, aquí tedes máis fotos dos día no que os nenos e nenas de 5º e 6º presentaron as mochilas viaxeiras para todo o colexio.

PRESENTACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias . Aquí tedes unha representación do día no que os nenos e nenas de 5· e 6· presentasron as mochilas viaxeiras de todo o colexio.

11/9/15

INICIO DO CURSO 2015-2016

Prezadas familias: Co inicio deste curso o equipo de biblioteca da Maga Tomasa está organizando os preparativos para poder inaugurar a biblioteca o vindeiro 24 de Outubro, coincidindo coa celebración do día de bibliotecas escolares. A inauguración da biblioteca terá como primeira actividade a presentación das Mochilas Viaxeiras , coa colaboración dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, e o inicio da súa andaina polas casas de Navia. Moitas grazas Maga Tomasa

29/4/15

DIA DO LIBRO

Este mes de abril, a festa dos libros chegou  , un ano máis , ao noso cole .

Tivemos contacontos de sombras para os pequenos , dramatizacións das lecturas preferidas do alumnado de cursos maiores para o disfrute dos máis pequenos , etc . Pero o que nos emociona especialmente éa visita que facemos coalumnado de sexto de primaria aos centros APAMP ( asociación de pais de persoas con parálise cerebral )  e ALENTO ( asociación de dano cerebraladquirido ) que están ubicados na nosa contorna . Un ano máis , somos nós os agradecidos .

Nuns días poñeremos máis fotos deste día tan emotivo.







26/2/15

SALÓN DO LIBRO

Este ano o salón do libro de pontevedra nos leva da ciencia...á ficcion ! Unha ocasión que podemos aproveitar en familia porque hai actividades moi interesantes para todas e todos.


preme aquí

24/2/15

INVESTIGANDO COA CIENCIA

Neste curso científico andamos a voltas coa búsqueda de información e o traballo en equipo . Peparamos este traballo con moito agarimo e o resultado foi tan tan bo para alumnado e profesorado que temos que publicalo . Parabéns a todas e todos !!!

Proxecto de Investigación from montse on Vimeo.

23/2/15

FORMACIÓN DE USUARIOS COA MAGA TOMASA

No mes de Xaneiro tivemos unha chea de actividades na nosa biblioteca : preparamos os contos de paz para o noso Convivium co Ría de Vigo ( que aínda non puidemos festexar por mor da choiva  ) e tivemos formación de usuarios en 3º e 6º de primaria . Aprendemos unha chea de cousas !