Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

21/12/10

Lecturas de Nadal

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa desexámosvos moi bó Nadal e un 2.011 cheo de felices lecturas.
Podedes consultar aquí o tríptico elaborado no cole coas lecturas recomendadas para cada ciclo educativo.
Vémonos en xaneiro con máis sorpresas.


Contacontos familiar.

Neste cole temos familias moi lectoras e colaboradoras....4 mamás atrevidas da clase de infantil 4 anos visitaron o cole e contaron "Os chibos, chibóns" e "Cocorico" cunha montaxe espectacular que elas mesmas elaboraron.

E para rematar, a galiña (mamá do pitiño Cocorico) trouxo biscoito para todos.... que rico!

video

Éxito de "Contamos todos".

Máis de 40 familias acudiron este venres 17 ao obradoiro "Contamos todos", no que disfrutamos de dúas horas de consellos, estratexias e diversión para utilizar cos nosos fillos nos momentos de lectura na casa.
Grazas a todas elas.

video

15/12/10

Obradoiro para familias "Contamos todos"

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa queremos convidarvos o vindeiro venres 17 ao obradoiro para nenos/as e familias "CONTAMOS TODOS" impartido por Amalia Pérez Otero en horario de 17 a 19 horas, no que, dun xeito ameno para pais e rapaces analizaranse os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa. Aprenderemos a contar e inventar contos aos fillos/as coa finalidade de que sexa un momento de encontro e, asemade, fomentar o gusto pola lectura.
Na entrada do cole tedes algún dos libros desta mestra, psicopedagoga e escritora para poder consultalos. E aquí tedes o seu blog.
Esperámosvos.