Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

24/4/12

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Para celebrar esta gran festa que é o Día do Libro achegouse á nosa biblio Jacobo Fernández Serrano, escritor e ilustrador de libros coma "A gardería de dona Bixelmina", "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar" I e II.
Como o noso invitado é merecedor de toda clase de atencións o cole encheuse de ambiente e de visitantes ilustres coma o gato Kandás, Lina, Pouco coa súa tuba...
Jacobo explicounos unha chea de cousas sobre o proceso creativo, a importancia das ilustracións, como se lle ocorren seres tan fantásticos a partires de teimas que lle atrapan na súa vida diaria.
Ao rematar, asinou con moito agarimo os libros de todos os rapaces e rapazas.
Grazas, Jacobo!!  Volve á casa de Tomasa cando queiras!!


video

Podedes ver todas as fotos que fixemos nesta estupenda xornada, na Galería da nosa páxina web
www.edu.xunta.es/centros/ceipalfonsorodriguezcastelao

19/4/12

Abril: mes dos libros.

Achégase o 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo queremos facervos chegar a información dos recursos que o noso centro pon ó servizo das familias: a programación de actividades para os nosos alumnos, a biblioteca de pais, os préstamos de libros polas tardes...







Achegádevos á casa de Tomasa porque nela... CONTAMOS TODOS!!

* Para unha mellor visualización das imaxes, pásadevos pola nosa páxina web

11/4/12

"A lectura alimenta"

O pasado 30 de marzo puxemos en marcha unha iniciativa que encheu o noso colexio de ledicia, solidariedade e afán lector.
Baixo o epígrafe I CAMPAÑA  "A lectura alimenta" organizamos un intercambio de libros por alimentos, de xeito que os rapaces e rapazas podían levarse os títulos que máis lles gustasen e a cambio traían alimentos que logo foron entregados ao banco de alimentos de Vigo.
Como podedes ver nas fotos, foi todo un éxito entre as familias do noso centro e, ó final, as mesas quedaron valeiras e as cestas cheas de solidariedade e axuda.

Gracias a todos pola vosa resposta solidaria!!!!

video

E que a lectura siga sendo "alimento" de todos, tanto do noso corpo coma do noso maxín.