Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

22/3/11

" O MEDO DE MO"


Este é o título da lectura recomendada no pasado Nadal para os nenos e nenas do primeiro ciclo.
Hoxe disfrutaron dunha sesión de contacontos...Ben, en realidade, máis ben foi que os rapaces contaron todo o que leron no libro, nunha actividade interactiva que rematou coa invención, entre todos, dun rap a partir de 5 palabras (doce, corazón, amigos, amor e primavera):

"Cando chega a primavera
doces amigos
con todo o corazón
para amar ós inimigos"

Xa só fai falla un pouco de imaxinación para poñerlle ritmo.

18/3/11

ANIMAR-TE NO COLE!

O mércores 16 de maio tivemos unha visita moi, moi animada e divertida!
Estiveron no noso cole os rapaces de ANIMAR-TE, que trouxeron a obra "A historia de Martín", un espectáculo cheo de cancións, risas, sorpresas... pasámolo fenomenal, rimos moito, cantamos, bailamos,... e descubrimos que todos somos diferentes pero igual de importantes e necesarios.
Moitas grazas a Xiada e Miguel por facernos pasar unha mañá tan abraiante!
Podedes ver as fotos con máis detalle na Galería da páxina web do cole.

É VERDADE!

O xoves 3 de marzo visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano, co tema "É mentira", coñecimos a historia do rato Paco Trolas, que se metía en líos por non dicir a verdade...
Foi un espectáculo chulísimo, con imaxes, luces,... e o acompañamento marabilloso da música do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que cativou a todos os nenos e nenas.
Antes de irnos estivemos saudando a ORBIL, a mascota do Salón, e lle prometimos voltar o vindeiro curso.
Todas as fotos na Galería da páxina web do centro



4/3/11

O 18 de febreiro comezou a andaina da nosa BIBLIOTECA DE FAMILIAS. Son xa moitos os pais e nais que se achegaron á entrada da sala da ANPA, onde se pode atopar unha pequena escolma de títulos sobre crianza ("Todas las madres del mundo"), estilos educativos ("El arte de educar"), guías de lecturas axeitadas ás diferentes idades... que esperamos sexan do voso interese.


Dende o noso proxecto de "Casas lectoras" gustaríanos que as familias recuperedes o tempo para a lectura, porque:
"A lectura da noite é, de seu, un ritual que se debe respectar(...)Sabemos canto reduce a angustia poñer palabras ao que vivimos e compartir esas palabras".
GENIÉVE PATTE.