Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

19/12/13

Felicitación Nadal 2013

Cos nosos mellores desexos para este Nadal e o novo ano 2014.

Guías de lecturas de Nadal

Remata un ano especialmente lector no noso cole: cómics, álbum ilustrado, poesía...todo saiu da variña máxica da Maga Tomasa para axudarnos a medrar no 2013.
E para o 2014 aquí levades unha selección de lecturas que agardamos vos acompañen todo o ano.

FELICES FESTAS!!!
FELICES LECTURAS!!!





9/12/13

TEMPO DE CHORAR,...PENSAR...E CONVIVIR


Grazas, Madiba, polo abraiante legado que deixas á humanidade.


5/11/13

MOCHILAS VIAXEIRAS

        MOCHILAS VIAXEIRAS 2013/2014.


O pasado día 25 de outubro , co gallo do Dia das Bibliotecas Escolares , as nosas Mochilas Viaxeiras comezaron a rodar! O alumnado axudante de 5º e 6º de Primaria  estivo durante varias semanas preparando con agarimo a presentación dos contidos das mochilas para todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Primaria.


As novidades coma o cómic , os libros que son un éxito seguro coma o álbum ilustrado e a poesía son , entre outros ,  algún dos contidos das mochilas deste curso que agardan ser recibidas nas casas lectoras co entusiasmo de todos estes anos.

Felices lecturas !

18/9/13


Na Biblioteca de Maga Tomasa estamos preparando unha chea de sorpresas para este curso 2013-2014 que acaba de comezar. Estade atentos/as porque no mes de outubro comezan as actividades da nosa Biblioteca, que é a vosa.Polo momento...estamos de arranxos. 

13/6/13

Este verán...unha m@rea de libros!

Aínda que parece que o verán non se decide a chegar ata nós, no CEIP Castelao xa temos preparadas unhas cantas suxestións para que os nosos nenos e nenas se poidan sumerxir nunha m@rea de libros durante as vacacións.
Boas lecturas!
Felices vacacións!





3/5/13

UN AGASALLO PARA AS NOSAS NAIS

O 5 de maio, día da nai, semella ser un día estupendo para compartir con ela un momento inesquecible a través da lectura.
A Maga Tomasa proponvos uns cantos libros que atoparedes na nosa biblio para poderlle adicar á vosa naiciña con todo o voso agarimo e unha grandísima aperta.
















Feliz día a todas as nosas NAIS!!!

ABRIL...contos mil!

Agora que pasou a chuvia.... chegaron os contos á Biblioteca da Maga Tomasa.
Durante o mes da lectura fixemos no cole a II Campaña "A lectura alimenta" na que, pola maxia dos contos, convertemos os libros do noso expurgo en comida para o Banco de Alimentos.




E na SEMANA GRANDE (do 22 ao 26 de Abril) a hora do patio converteuse en hora de conto na que, alumnas voluntarias de 4º, 5º e 6º de primaria contaron: Coas mans baleiras , Es un libro! , Mira qué paso , entre outros,



facendo as delicias dun entregado público.

E o luns 29 puxemos o cole guapo para recibir a Jacobo Fernández Serrano, escritor e ilustrador de "Mil cousas poden pasar", "Marcopola" e "A pedra e as formigas" .... e moitos máis. Foi moi paciente cos nenos e nenas que encheron de interesantes preguntas a súa visita.










Un ano máis, Jacobo agasallounos con ilustracións que encherán a biblioteca e os corredores do cole.
Grazas, Jacobo, e agardamos con ansia o II volume das historias de Marcopola.

23/4/13

II Campaña "A lectura alimenta"

Nestes últimos días, desenvolvemos no noso cole unha nova edición da campaña "A lectura alimenta", e de novo, volveu ser un éxito. As nosas familias adoran a lectura e tamén saben valorar a solidariedade, de xeito que puidemos  xuntar   unha chea de alimentos de primeira necesidade que entregaremos no Banco de Alimentos de Vigo.
Felicidades a tódolos membros da nosa comunidade educativa por ter conseguido que esta iniciativa acade resultados tan positivos.




21/4/13

Lembrando...

Levamos perdidos na lectura dende febreiro... e pasaron unha ceha de cousas!
Celebramos o entroido-numérico cunha festa no noso cole e un pasarrúas moi especial por Navia adiante no que tivemos a compaña máxica dos mozos e mozas usuarios de APAMP e ALENTO. Unha experiencia inesquecible!

Tamén celebramos o Día da Paz no noso cole e fomos anfitrións dos rapaces, rapazas e mestres do CEIP Ría de Vigo.
O convivium foi un éxito e NADARÍN  de Leo Lionni, que preside a entrada dos dous coles, é a proba.



O día 1 de marzo visitounos Violeta Monreal, que nos agasallou cunha preciosa ilustración que xa está nun lugar especial da nosa biblioteca. Falounos de sentimentos, emocións e ... lecturas!

E xa estamos en ABRIL!. Na nosa programación especial do "mes dos libros" organizamos a II Campaña de "A lectura alimenta". Na vindeira semana (do 22 ao 26 de abril) as axudantes de biblioteca contarán contos na hora do patio. E para completar a programación, o luns día 29 visítanos Jacobo Fernández Serrano.

31/1/13

Chega o cómic!!

Nesta semana, demos a BenviDa á maleta de BD (Banda Deseñada) no noso cole. Hai tres meses tivemos a maleta de poesía e foi un grande éxito. Nesta ocasión Olaf, Emigrantes, Tintín e os delirantes amigos de Archimboldo Roque están a facer as delicias de nenas, nenos e.... mestres!, que xa saben que iso do cómic tamén é literatura.







25/1/13

PARABÉNS, FINA!!!

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa sentímonos moi, moi orgullosos cando recibimos a nova de que Fina Casalderrey foi elixida académica numeraria na RAG (Real Academia Galega).
Nos andeis da nosa biblioteca, "Pegasiño", "O misterio dos fillos de Lúa", "Misterio na mochila de Alba", "Cando a terra esqueceu xirar" e moitos outros brillan cunha luz especial nestes días.
Parabéns a Fina e aos seus lectores, que somos moitos!.

Se premes na foto, atoparás máis información.