Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

21/12/12

FELICITACIÓN NADAL 2012

O profesorado e alumnado do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo deséxanvos BOAS FESTAS e FELIZ ANINOVO.

Formación usuarios profesorado

Despois dunha sesión de formación de usuarios para o profesorado do centro, para coñecer as novidades da nosa biblioteca, en xaneiro do ano 2013 voltaremos traballando, xa a pleno rendemento!


18/12/12

LECTURAS DE NADAL 2012

Como chega o Nadal, que é tempo de lecer e de ler, aquí vos deixo as nosas recomendacións que levan un pouco de todo e un moito de números, que estamos no ano das matemáticas no Planeta Castelao!


NOVIDADES OUT-DEC 2012

Ides quedar abraiados coa chea de libros que temos preparados para pequenos, grandes, medianos....
video

Estamos de volta!

Na biblioteca da Maga Tomasa estivemos en obras: tiramos andeis que estaban moi vellos, mercamos mobles con rodas que agardan polos nenos e nenas do cole, cheos de... novidades!: cómics, libros de poesía, en inglés, de teatro....

ANTES:


 
DESPOIS:


24/10/12

24 de outubro

Hoxe é o día da Maga Tomasa e de todas as bibliotecas escolares.



No noso cole, para celebralo, colocamos na entrada o cartel deste ano ben custodiado pola nosa mascota.








Na hora de ler, os axudantes de biblioteca baixaron coller as mochila cheos de nervios e de ilusión...
...e saíron polas aulas presentar as 9 mochilas deste curso, que este ano inclúen libros de cociña, e que de seguro serán, de novo, un grande éxito.
 

11/10/12

Outono poético

Onte pola mañá a Maga Tomasa deixounos un agasallo na biblioteca: a maleta de poesía do CEFORE de Vigo!
Tanta expectación causou que, cando quixemos tirar a foto, non tiñamos case libros e tivemos que andar a voltas polas aulas para atopalos...
Estará no noso cole ata o 26 de outubro. Disfrutádea!

11/9/12

5,4,3,2,1... despegamos!

O 12 de setembro, ás 9:00 h. da mañá, tede a equipaxe preparada porque saímos a descubrir o planeta Castelao: cheo de contos, rimas, xogos e.... números!
Comezamos o curso 2012-13 no que quedaremos abraiados coas matemáticas no noso planeta.
BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO COLE!

15/6/12

LECTURAS REFRESCANTESSSS

Achégase o verán, momento para gozar da familia, os amigos, o sol, a praia, o monte... as nosas familias saben disfrutar do tempo de lecer.... Imaxinade: estades sentados á sombra dunha árbore escoitando o canto dos paxaros,... ou tumbados na praia baixo o parasol mentres as ondas acariñan a beira, mergullados no voso libro favorito... hhmmm!!! xa me parece estar sentindo o rumor das ondas...
E para axudarvos na vosa procura aquí está a selección de títulos que nos ofrece a Maga Tomasa a través dun tríptico que enviaremos a tódalas nosas casas lectoras para que toda a familia teña un verán cheo de fantásticas lecturas.
Felices vacacións!!!


4/6/12

Canto sabemos!!

Remata o curso e a Maga Tomasa lembrounos a todos unha chea de cousas que aprendimos sobre a súa casa, a nosa biblioteca. Canto sabemos!!: atopar recursos na rede, localizar libros nos andeis, disfrutar do pracer da lectura e.... sobre todo, ver como a nosa biblioteca medra tanto coma nós.


19/5/12

"As nosas cousas" nº 8

Coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas, xa saiu á rúa a edición nº 8 da revista escolar "As nosas cousas" na que participou toda a comunidade educativa do noso colexio. Aínda que este ano cunha particularidade, pois foi editada en versión dixital, e non impresa como viñamos facendo nos cursos anteriores. Para que lles botedes unha ollada ós traballos que presentamos nela sobre o noso tema "Os Xogos Olímpicos" aquí vola deixamos. Que a disfrutedes!!!

24/4/12

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Para celebrar esta gran festa que é o Día do Libro achegouse á nosa biblio Jacobo Fernández Serrano, escritor e ilustrador de libros coma "A gardería de dona Bixelmina", "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar" I e II.
Como o noso invitado é merecedor de toda clase de atencións o cole encheuse de ambiente e de visitantes ilustres coma o gato Kandás, Lina, Pouco coa súa tuba...
Jacobo explicounos unha chea de cousas sobre o proceso creativo, a importancia das ilustracións, como se lle ocorren seres tan fantásticos a partires de teimas que lle atrapan na súa vida diaria.
Ao rematar, asinou con moito agarimo os libros de todos os rapaces e rapazas.
Grazas, Jacobo!!  Volve á casa de Tomasa cando queiras!!


video

Podedes ver todas as fotos que fixemos nesta estupenda xornada, na Galería da nosa páxina web
www.edu.xunta.es/centros/ceipalfonsorodriguezcastelao

19/4/12

Abril: mes dos libros.

Achégase o 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo queremos facervos chegar a información dos recursos que o noso centro pon ó servizo das familias: a programación de actividades para os nosos alumnos, a biblioteca de pais, os préstamos de libros polas tardes...







Achegádevos á casa de Tomasa porque nela... CONTAMOS TODOS!!

* Para unha mellor visualización das imaxes, pásadevos pola nosa páxina web

11/4/12

"A lectura alimenta"

O pasado 30 de marzo puxemos en marcha unha iniciativa que encheu o noso colexio de ledicia, solidariedade e afán lector.
Baixo o epígrafe I CAMPAÑA  "A lectura alimenta" organizamos un intercambio de libros por alimentos, de xeito que os rapaces e rapazas podían levarse os títulos que máis lles gustasen e a cambio traían alimentos que logo foron entregados ao banco de alimentos de Vigo.
Como podedes ver nas fotos, foi todo un éxito entre as familias do noso centro e, ó final, as mesas quedaron valeiras e as cestas cheas de solidariedade e axuda.

Gracias a todos pola vosa resposta solidaria!!!!

video

E que a lectura siga sendo "alimento" de todos, tanto do noso corpo coma do noso maxín.

21/3/12

DIA MUNDIAL DA POESÍA 2012

Hoxe, 21 de marzo de 2012 celébrase o DIA MUNDIAL DA POESÍA. Con este motivo, propoñémosvos achegarvos ata esta actividade LIM sobre "O año pitaño". Trátase dunha actividade máis ben dirixida a nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, pero aínda así, animádevos a botarlle unha ollada.

Clica na imaxe para ir directamente á actividade


1/3/12

ENTROIDO OLÍMPICO

O venres 17 de febreiro celebramos un espectacular entroido olímpico no noso cole. Inauguramos os Xogos Olímpicos de Navia cun desfile do facho olímpico, a bandeira e a nosa mascota "Castelín"- "Little Castle" que presidiron toda a cerimonia dende o podio.
Fixemos un percorrido "olímpico" dende a Antiga Grecia (representada polos mestres e parte do alumnado de primaria) ata as olimpiadas modernas.
Coñecimos o himno olímpico, cancións oficiais de distintas olimpiadas, abandeirados de diferentes países representaron as nacionalidades que conviven no centro e desfilaron deportistas de moitas das disciplinas de inverno, e algúns deles...ata se animaron a bailar!
Toda a comunidade educativa participou do evento e coincidimos en que foi un dos mellores entroidos do noso cole porque aprendimos, compartimos, disfrutamos todos xuntos...
Agora toca seguir aprendendo cousas das disciplinas olímpicas e seguir traballando os percorridos dos fachos: do noso propio e do que chegará a Londres no mes de xullo.

video

7/2/12

XORNADAS DE PAZ

Co gallo do Día da Paz o 30 de xaneiro, no noso cole programamos unha semana chea de actividades... que foron un grande éxito.


1. Visitounos o Bardo Abelardo con "Vicentiño e as árbores da Paz"  e axudounos a todos a facer unha reflexión sobre o mundo no que andamos e os coidados que precisa.



2. Houbo sesión de "contacontos de Paz" na biblioteca. Os/as rapaces/rapazas de terceiro ciclo encheron a nosa biblio de historias de paz, cooperación e respecto.
O público asistente amosouse encantado!



3. Para rematar a semana, o venres 3 de febreiro visitamos o CEIP Ría de Vigo coa actividade "Xuntos pola paz" e pasamos unha xornada fabulosa compartindo espazos, xogos, contos.... Foi unha mañá moi especial e emotiva que esperamos repetir nun ano.
Unha aperta aos compañeiros do Ría de Vigo.