Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

28/5/08

Conto viaxeiro da Maga Tomasa 3ª parte

Moi obediente, foi ao Sur pero como había moito vento desviouse ao leste, atopouse en Ourense. Alí había unha fonte milagreira que o curaba todo. Ela puxo as mans por baixo do picho da auga, estaba moi quente, pero as súas mans transformábanse. Así que, acabou como era antes. pero ¡¡oh, non!! só as mans eran de bruxa, o resto do corpo era de monstruo. Non lle quedaba moito tempo, colleu de novo a súa basoira e decidiu rematar a súa búsqueda. Cando a xente do lugar lle dixo onde estaba a pócima levou medo porque se atopaba dentro dunha cova. Pero ela, chea de valor, entrou. Colleuna e empezou a beber. E de súpeto...

....As uñas empezaron a crecerlle e puxéronselle moi longas, e moitos pelos saíronlle polo corpo, e os dentes alargáronselle e retorcéronselle ata as orellas.
-¿Qué me está a pasar?- dixo Bruxita- Isto non é o que me dixo a miña irmá. Algo debín facer mal.
Entón mirou o frasco da pócima, que tiña unha etiqueta pegada e que dicía.......

"Pocimamala". Estaba moi asustada ao verse tan fea. Empezou a correr ata que non puido máis, e quedouse dormida. Pola mañá a brujita pensou que debía volver a cova e buscar a botella da "Pócima boa", aínda que non lle facía gracia volver, debía facelo. Comezou a andar e cando chegou á cova, buscou a botella, condo por fin a atopou, colleuna e leu a etiqueta, esta vez non se podía enganar, "Pócima boa", comezou a bebela, esperou un rato e... (Marta)
De súpeto empezáronlle a saír coma unha especie de gas pola boca, ourellas, nariz e tivo a impresión que se despegaba do chan, como así era. Inmediatamente o seu corpo ascendeu a unha velocidade, cal se fora un cohete, ata chegar ás estrelas. Bruxita non daba crédito do que lle acontecera.

- ¡Oh! ¡Que fermosura! ¡Que ven se mira todo dende aquí arriba! (Roi)

Pouco a pouco descendía sentíndose libre coma un paxaro, atravesaba as nubes que parecían estar feitas de algodón. E ata un arco iris, onde posou a disfrutar das cores que reflexaba. Dende alí observou unha pequena e fermosa cidade, e decidiu ir ata ela.
- ¡Que lugar tan fermoso!- dixo Bruxita - agora teño que buscar un espello onde poida mirarme...

Conto viaxeiro da Maga Tomasa 2ª parte


  • Entón "Brujita" dixo:
  • - Vou facer un disfraz de monstruo.
  • E pronunciou as palabras máxicas
  • -"Abra-cadabra, pata de cabra, que apareza un disfraz de monstruo"
  • E por arte de maxia encontrouse metida nel. Rápidamente foi a mirarse no espello, non se recoñecía. ¡Xa non era Brujita, era un gran monstruo cheo de pelos de colores, sen dentes e con mocos colgándolle da nariz!! ¡¡Xa podo ir á festa!! (exclamou) e adentrouse no bosque.


- ¡Qué ben que con este feitizo convertinme nun ..... monstruo!
¡Pero debo ter coidad de non mirarme nun.....espello! (Ramón)

- De pronto, un relámpago iluminou o bosque e nunha gran charca de auga puiden ver o meu reflexo. ¡Levaba un disfraz de monstruo e reflexábame como unha fermosa moza e pensei:

¡¡¡¡É a maxia da Maga Tomasa!!!!!

Pero ao día seguinte espertou e volveuse a ver na charca e seguía sendo un monstruo, o feitizo da Maga Tomasa desaparecera.

Brujita se divertira moito na festa, pero agora quería volver para ser unha meiga, e non un monstro.

-Éste é un castigo por mentirlle aos monstros do bosque- pensou.

Entón deciciu montar na súa basoira e viaxar a Vigo para ver á súa irmá, A Maga Tomasa, e pedirlle axuda.

No traxecto viu moitas gaivotas, coches, semáforos e xente, e finalmente chegou á casa da Maga Tomasa.

Na casa da Maga Tomasa encontrou a un monstruo que lle dixo:

- A maga Tomasa non se encontra neste momento".

Brujita púxose triste, pero non se rendeu e seguiuna buscando. Buscándoa por Samil, atopouse co mago Merlín, un feiticeiro de malas pulgas, que lle dixo onde estaba a Maga Tomasa.

- "A túa irmá Tomasa está a pasar uns días de lecer nas illas Cíes coa "Asociación de Magos e Bruxas das Rías Baixas"

- E non foron quen de me convidar ¡Isto non o vou a perdoar! - dixo Merlín moi enfadado.

Entón, Brujita, que aínda tiña o aspecto de monstruo pensou.....
- Teño que ir ás Illas Cíes, xunto da miña irmá ¿E cómo podo ir?. Xa sei, irei, irei, na miña basoira.

E brujita foi dereitiña ás Illas Cíes. Tivo sorte, ese día facía bo tempo. Cando chegou ás Illas Cíes, comenzou a buscar á súa irmá e de súpeto....

Encontrou á súa irmá debaixo dunha gran carpa cos magos do país. Estaban falando dos conxuros novos que o Concello de Vigo había proposto. Entón Bruxita acercouse e chamou Tomasa. Tomasa foi a vela e díxolle que tiña que ir ao sur do país para coller unha poción que a transformara outra vez en bruxa.

Por fin, os contos viaxeiros da Maga Tomasa que tanto esperabamos.

María José, es unha artista, qué bonito.

Xa lle enviamos unha copia a Tomasa.


Os contos orixinais quedarán na biblioteca.




A Maga Tomasa
3 anos

"Este é un conto viaxeiro.

Viaxará do cole á casa e da casa ao cole para crear nel, entre todos, palabras e debuxos máxicos que a todos nos gustarán"







Unha vez a Maga Tomasa veu ao cole de San Pelaio de Navia, montada nunha nube con globos a contarlles unha historia aos nenos e nenas deste cole.














Os nenos e nenas da miña clase amosámoslle o noso xardín que está cheo de flores e prantas moi fermosas. (Lucía A)










Tamén temos un patio con moitas flores de colores, os nenos xogamos cerca delas, tamén detrás do colexio temos unha horta onde plantamos moitas cousas... (Enrique)





A historia que nos contou a Maga Tomasa Trataba da súa irmá, que se chamaba Brujita, á que lle gostaba moito as festas monstrosas, ás cales non podían ir as bruxas coma ela, só monstros.


Aquilo a ela non lle parecía ben así que decidiu facer maxia para poder colarse na festa, que aquel día daban os monstros do bosque.






























Qué cambio

¡¡¡¡¡Arrea, menudo cambio!!!

A Maga Tomasa axudou aos profes a facer que a antiga biblioteca, gris e fría, se convirta nunha fantástica cidade máxica da lectura, alegre e quentiña.

Coa nova biblioteca viñeron os carnets que en breve serán de moita utilidade nos préstamos e devolucións de libros.

Animamos aos pais a que a visiten a tarde do Martes 17 de Xuño.

17/5/08

¿Lembrádevos da antiga biblioteca?


Ésta sí que é lugar para unha festa monstruosa.....