Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

19/12/14

GUIAS DE LECTURA DE NADAL 2014

Un ano máis, queremos axudar ás S.S.M.M. os Reis Magos, e aos bós de Papá Noel e o Apalpador a atinar cos agasallos cos que os nosos nenos e nenas levan soñando dende fai unhas semanas.
E como sabemos do seu grande gusto pola lectura, preparamos estas guías con estupendos títulos relacionados co tema do noso PDI anual "Con + ciencia".
Esperamos que fagan as ledicias de grandes e pequenos e aproveitamos para desexar a todos un 
BO NADAL e FELIZ ANINOVO.



18/11/14

Mes da CIENCIA en galego








Todo este curso estamos a descubrir, no noso centro, unha morea de cousas sobre a ciencia que está presente cada día nas nosas vidas. Neste mes de novembro cómpre reflexionar sobre o texto co que o científico Angel Carracedo agasallou ás Bibliotecas Escolares. Aquí vos deixamos o enlace.

30/10/14

QUE MEDO DE CONTOS!

Esta semana de meigas, bruxas, sapos e curuxas...os axudantes de biblioteca achegaron o mundo dos medos ao alumnado de educación infantil.




Disfrutaron a viaxe a ese marabilloso lugar .... ONDE VIVEN OS MONSTROS.

27/10/14

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Chegou o día... chegou a mochila!
Na mañá do venres 24 de outubro, na HORA DE LER, os/as axudantes de biblioteca visitaron todas as clases do cole para presentar as novas mochilas que viaxarán polas casas para abrir camiños de lectura a nais, pais, irmáns, avós...
Os axudantes estaban nerviosos, ilusionados e encantados coa experiencia!.



17/10/14

CONTOS DE IGUALDADE

Mentres preparamos as mochilas viaxeiras para que comecen a rodar o 24 de outubro (co gallo do día das Bibliotecas Escolares) recibimos a visita de Bea Campos e Davide González que nos trouxeron uns marabillosos contos de igualdade: "Os de arriba e os de abaixo", "Aínda nada?", "O libro dos porcos" e...., para rematar, o sonoro Pan de Millo que fixo as delicias dos máis pequenos.
Moitas grazas a Bea e Davide polo seu excelente traballo!!!
 


 

11/9/14

Benvid@s!!



Comeza un novo curso na Biblioteca da maga Tomasa.


Este curso abriremos as portas da nosa biblioteca no mes de outubro coa intención de seguir formando lectores, investigando e creando, a pesares de todas as dificultades que temos no centro, porque:

 O mundo científico ten moitos tesouros agochados por descubrir!!




24/6/14

Guías de lectura verán 2014

Chega o verán e o tempo de sol, praia, paseos e ..... lecturas!
Coma cada ano, aquí tedes as nosas recomendacións para disfrutar de lecturas mil en Samil.





Gonzalo Moure na nosa biblioteca

Este foi un ano irrepetible na nosa biblioteca porque contamos coa visita de autores tan especiais coma Alicia Borrás Sanjurjo, Jacobo Fernández Serrano e, xa nos derradeiros días do curso, visitounos Gonzalo Moure, un autor sensible, comprometido, creativo, xeneroso e, sobre todos, humano. Encheuse a casa da Maga Tomasa de emoción cando nos falaba de "Palabras de Caramelo", "Os cabalos do meu tío" e outros proxectos tan interesantes e necesarios coma o BUBISHER.
Foi unha mañá que o noso alumnado non vai esquecer.



Visitamos a Biblioteca JUAN COMPAÑEL

Todos os cursos de infantil e o primeiro ciclo de primaria visitamos nos primeiros días de xuño a biblioteca Juan Compañel (antes Biblioteca Central) e aprendimos unha chea de cousas...: nas bibliotecas hai libros, discos, revistas, películas e xornais. Aprendimos sobre o sistema de préstamos, as normas para que funcione moi ben para todos e, sobre todo, pasámolo tan, tan ben que todos queren voltar.

Un, dous, tres.....Jacobo outra vez!!!

O xoves 29 de maio tivemos a visita dun autor (escritor e ilustrador) especialmente querido no noso colexio. Jacobo Fernández Serrano visitounos de novo par falarnos de "O raposo e a mestra" e "A pedra e as formigas".
Os rapaces disfrutaron moitísimo cos seus consellos sobre ilustración e ... revelounos unha primicia: o terceiro volume de "Marcopola 3: Dragoneta" sae este verán.