Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

21/12/10

Lecturas de Nadal

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa desexámosvos moi bó Nadal e un 2.011 cheo de felices lecturas.
Podedes consultar aquí o tríptico elaborado no cole coas lecturas recomendadas para cada ciclo educativo.
Vémonos en xaneiro con máis sorpresas.


Contacontos familiar.

Neste cole temos familias moi lectoras e colaboradoras....4 mamás atrevidas da clase de infantil 4 anos visitaron o cole e contaron "Os chibos, chibóns" e "Cocorico" cunha montaxe espectacular que elas mesmas elaboraron.

E para rematar, a galiña (mamá do pitiño Cocorico) trouxo biscoito para todos.... que rico!

video

Éxito de "Contamos todos".

Máis de 40 familias acudiron este venres 17 ao obradoiro "Contamos todos", no que disfrutamos de dúas horas de consellos, estratexias e diversión para utilizar cos nosos fillos nos momentos de lectura na casa.
Grazas a todas elas.

video

15/12/10

Obradoiro para familias "Contamos todos"

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa queremos convidarvos o vindeiro venres 17 ao obradoiro para nenos/as e familias "CONTAMOS TODOS" impartido por Amalia Pérez Otero en horario de 17 a 19 horas, no que, dun xeito ameno para pais e rapaces analizaranse os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa. Aprenderemos a contar e inventar contos aos fillos/as coa finalidade de que sexa un momento de encontro e, asemade, fomentar o gusto pola lectura.
Na entrada do cole tedes algún dos libros desta mestra, psicopedagoga e escritora para poder consultalos. E aquí tedes o seu blog.
Esperámosvos.

26/11/10

SEMENTANDO LECTORES

O pasado 22 de outubro tivemos unha concurrida xuntanza na aula de infantiol de 4 anos e inauguramos de xeito solemne (con doces incluídos) o clube "Sementando lectores". Falamos de lecturas para nenas e nenos, para adultos... Visitamos a biblioteca do noso cole e despois de moito falar...percatámonos de que queda moito por facer!
E continuaremos neste traballo cunha actividade "especial para familias" no mes de Nadal da que vos falaremos proximamente.
Mirade que guapas e formadas familias lectoras de Navia...

video

Érase un día, una poesía.

O pasado día 4 de novembro, os alumnos de 6º curso prepararon un recital de poesía no que deron lectura a poemas creados por eles. Invitaron aos seus pais e nais, pero non só como espectadores, senón a participar tamén lendo unha poesía que escolleran para a ocasión. Ó inicio do acto, recibiron unha sorpresa por parte dos alumnos de 4 anos que recitaron unha poesía que lles gusta moito. Foi un momento cargado de sensibilidade e emoción, onde houbo cabida para a multiculturalidade, pois se recitaron poemas en castelán, galego, portugués, grego e árabe. En fin, unha iniciativa que foi do agrado de alumnos, profesores e pais, da que vos deixamos unha mostra a través destas fotos.

video

19/10/10

ACTIVIDADES PARA A FIN DE SEMANA

Co gallo da celebración, este domingo 24, do día das bibliotecas escolares de Galicia, temos propostas interesantes para toda a familia:


O venres 22, ás 16.30 horas, un grupo de familias de infantil-4 anos xuntarase no clube "Sementando lectores".



O mesmo venres 22 , ás 18.30 horas, na libraría Libros para Soñar (rúa Triunfo) haberá unha actividade de contacontos.

E o domingo 24, ás 12 horas,máis actividades no VERBUM.

22/2/10

Novidade Fresca!

Ola, ola! Teño unha noticia de última hora; de gran interese para os amantes dos contos.
Lembrades
"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"
da Editora PatasdePeixe

Pois tivemos a sorte de que esta gran editora puxera no mercado galego outros dos grandes libros:

PERDIDO?
e
A VACA QUE PUXO UN OVO.

Como é unha editora pequena e familiar os aconsello que contactedes directamente con ela para conseguir máis rapidamente os contos (info@patasdepeixe.es)







18/2/10

O Mago de Goma

LIBROS PARA SOÑAR RECIBE MAÑÁ VENRES 19 AO AUTOR TOÑO NÚÑEZ, QUE PRESENTARÁ O SEU LIBRO “MAGO GOMA”

O profesor e escritor lucense Toño Núñez vai ser o invitado de honra na sesión de animación á lectura que se celebrará mañá a partir das 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. O autor vai presentar o seu último libro, “Mago Goma”; un relato rimado sobre un personaxe divertido,

entrañable e excéntrico. Un mago que, malia parecer algo tolo, o único que quere é facer felices aos nenos e nenas, porque só así é feliz el.

LIBROS PARA SOÑAR | r/ Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68

15/2/10

máis fotos do Entroido 2010!

Preme no seguinte enlace se queres ver as fotos que enviou o noso amigo Paco.

http://alfonsorodriguezcastelao.blogspot.com/2010/02/mais-fotos-do-entroido-2010_15.html

FOTOS ENTROIDO CASTELAO 2010

Ola, ola! Se queredes ver as fotos do Entroido que celebramos o venres 12 de febreiro no noso colexio preme na foto

12/2/10

Personaxes do Entroido!



Ola! Este Entroido estivemos coñecendo os Personaxes máis típicos do Entroido en GaliciaEstes son os traballos que fixemos.Esperamos que vos gusten!Abur e bo Entroido!


11/2/10

Entroido na libraría Kalandraka!

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA MAÑÁ A SÚA FESTA DE ENTROIDO

CON CONTOS SOBRE O AMOR E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

LIBROS PARA SOÑAR celebra mañá venres, a partir das 18:30, a súa habitual sesión

de animación á lectura, que estará adicada ao Entroido. Os visitantes da libraría infantil do Casco Vello

acudirán disfrazados á súa cita semanal cos libros e coa oralidade; por un día converteranse en princesas,

heroes, piratas, fadas e personaxes dos seus contos favoritos. Tamén haberá un obradoiro de maquillaxe

para que todos luzan a mellor caracterización acorde ao vestiario dun día tan especial.

9/2/10

Chega a Maga do Entroido!

Se queres coñecer as ordes da Maga do Entroido preme na foto!

Salón do libro de Pontevedra

DO 7 DE FEBREIRO AO 14 DE MARZO

O Salón do Libro está pensado para o goce compartido. Nenos e adultos que se divirten e descobren xuntos o mundo dos libros. Atoparedes un amplo programa de actividades para toda a familia. Para os máis cativos e tamén para os maiores.
Preme na imaxe para ter máis información


2/2/10

Máscaras galegas!

Queres coñecer as máscaras típicas galegas!
Preme no blogue de "Dinamiza e Normaliza Castelao"

Especial Entroido!

Ola, ola! Aqui tedes material de consulta para saber máis cousas do Entroido.
Esperamos que vos guste.
Preme na imaxe.

26/1/10

Cancións para a paz.

Esta canción a cantarán os nenos e nenas da Escola Unitaria de Vide.
Trátase dunha canción popular congolesa cantada en lingua lingala.
¡Probade a facer o karaoke!

22/1/10

Nadal 2009

Ola familias! Grazas ao xentil Paco xa temos aquí as fotos da Festa de Nadal
Saúdos


21/1/10

Música para o Día da Pâz

Outra canción para o Dia da Paz, a de Macaco "Moving"
Saúdos.

19/1/10

Recursos para o Dia da Paz

Ola, ola! O meu amigo Mik chega cargado cunha manchea de recursos para o Dia da Paz .
Preme na imaxe para ir ao seu recanto.
Saúdos

Saúdos.


Música para traballar o Dia da Paz- Color esperanza

Ola, Ola! A partires da canción "COLOR ESPERANZA"de Diego Torres podemos traballar o DIA DA PAZ.
Esperamos que vos guste.
Saúdos




17/1/10

Música para o Día da Pâz


MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com



Máis música para o Día da Paz que nos propón os compañeiros/as do CEIP Isaac Peral
Saúdos


MusicPlaylistRingtones
Create a playlist at MixPod.com

14/1/10

Recursos para "o Dia da Paz"


Os compañeiros/as do Ceip Mestres Goldar fixeron esta magnífica recopilación de recursos relacionados co Dia da Paz.
Esperamos que vos guste!


http://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/paz

Saúdos

13/1/10

CAZA DO TESOURO DO DIA DA PAZ



Ola, ola! Queredes xogar á Caza Do tesouro.
(Este material tamén elabourose no Ceip Isaac Peral)


http://sites.google.com/site/cazatesouromary/

WEBQUEST DO DIA DA PAZ



Agradecemos o traballo aos compañeiros/as do CEIP Isaac Peral sobre o Dia da Paz.
Esperamos que sexa do voso interese.
Saúdos.

http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_mondrian_w.php?id_actividad=81389&id_pagina=1

12/1/10

lecturas recomendadas- Nadal 09

Ola, ola! Aqui tedes a listaxe das lecturas que imos traballar nas aulas nos diferentes ciclos.
Saúdos