Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

22/2/10

Novidade Fresca!

Ola, ola! Teño unha noticia de última hora; de gran interese para os amantes dos contos.
Lembrades
"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"
da Editora PatasdePeixe

Pois tivemos a sorte de que esta gran editora puxera no mercado galego outros dos grandes libros:

PERDIDO?
e
A VACA QUE PUXO UN OVO.

Como é unha editora pequena e familiar os aconsello que contactedes directamente con ela para conseguir máis rapidamente os contos (info@patasdepeixe.es)







18/2/10

O Mago de Goma

LIBROS PARA SOÑAR RECIBE MAÑÁ VENRES 19 AO AUTOR TOÑO NÚÑEZ, QUE PRESENTARÁ O SEU LIBRO “MAGO GOMA”

O profesor e escritor lucense Toño Núñez vai ser o invitado de honra na sesión de animación á lectura que se celebrará mañá a partir das 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. O autor vai presentar o seu último libro, “Mago Goma”; un relato rimado sobre un personaxe divertido,

entrañable e excéntrico. Un mago que, malia parecer algo tolo, o único que quere é facer felices aos nenos e nenas, porque só así é feliz el.

LIBROS PARA SOÑAR | r/ Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68

15/2/10

máis fotos do Entroido 2010!

Preme no seguinte enlace se queres ver as fotos que enviou o noso amigo Paco.

http://alfonsorodriguezcastelao.blogspot.com/2010/02/mais-fotos-do-entroido-2010_15.html

FOTOS ENTROIDO CASTELAO 2010

Ola, ola! Se queredes ver as fotos do Entroido que celebramos o venres 12 de febreiro no noso colexio preme na foto

12/2/10

Personaxes do Entroido!



Ola! Este Entroido estivemos coñecendo os Personaxes máis típicos do Entroido en GaliciaEstes son os traballos que fixemos.Esperamos que vos gusten!Abur e bo Entroido!


11/2/10

Entroido na libraría Kalandraka!

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA MAÑÁ A SÚA FESTA DE ENTROIDO

CON CONTOS SOBRE O AMOR E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

LIBROS PARA SOÑAR celebra mañá venres, a partir das 18:30, a súa habitual sesión

de animación á lectura, que estará adicada ao Entroido. Os visitantes da libraría infantil do Casco Vello

acudirán disfrazados á súa cita semanal cos libros e coa oralidade; por un día converteranse en princesas,

heroes, piratas, fadas e personaxes dos seus contos favoritos. Tamén haberá un obradoiro de maquillaxe

para que todos luzan a mellor caracterización acorde ao vestiario dun día tan especial.

9/2/10

Chega a Maga do Entroido!

Se queres coñecer as ordes da Maga do Entroido preme na foto!

Salón do libro de Pontevedra

DO 7 DE FEBREIRO AO 14 DE MARZO

O Salón do Libro está pensado para o goce compartido. Nenos e adultos que se divirten e descobren xuntos o mundo dos libros. Atoparedes un amplo programa de actividades para toda a familia. Para os máis cativos e tamén para os maiores.
Preme na imaxe para ter máis información


2/2/10

Máscaras galegas!

Queres coñecer as máscaras típicas galegas!
Preme no blogue de "Dinamiza e Normaliza Castelao"

Especial Entroido!

Ola, ola! Aqui tedes material de consulta para saber máis cousas do Entroido.
Esperamos que vos guste.
Preme na imaxe.