Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

22/12/11

Celebración do Nadal

O día 21 de decembro tódol@s alumn@s e profesores do colexio celebramos xuntos a chegada do Nadal. Bailamos, cantamos panxoliñas e mesmo asistimos a unha cea de Nadal preparada polas nosas "meiguiñas" de 2º (fantásticos actores e actrices @s nen@s deste curso).
Despois gozamos dunha sesión de cine con debuxos para os máis pequenos e unha estupenda película relacionada cos xogos olímpicos para os maiores: "Elegidos para el triunfo. Jamaica bajo cero". Unha historia baseada en feitos reais que merece a pena ver en familia e que, dende aquí, vos recomendamos. Un xeito estupendo de comprender o valor do esforzo, do afán de superación e o verdadeiro sentido dos xogos olímpicos ... e do deporte en xeral. Valores todos eles que deberían estar presentes na vida de todos nós.
Animádevos a vela cos vosos fillos. Seguro que compartides un tempo moi feliz.

19/12/11

5º viaxa á Antiga Grecia

Os alumnos e alumnas de 5º adicaron unha sesión da semana pasada a traballar nunha webquest que nos pasaron os compañeiros e compañeiras do CEIP de Rubiáns a tódolos centros que, dentro do proxecto PLAMBE, estamos a traballar os xogos olímpicos.
Baixo o título de "Viaxamos á Antiga Grecia?" puideron facer un  primeiro achegamento á antiga Grecia e á súa cultura, centrándose en aspectos como a moda da época, o seu alfabeto (mesmo escribiron os seus nomes en grego), a ciencia e a arte , como comprendían eles a Terra, o Sol e as estrelas e, como non, os deuses do Olimpo e a mitoloxía grega.
O caso é que gozaron moitísimo desta actividade e, mostra delo, son estas fotos que vos deixamos aquí.

4º investigando na biblioteca

Aquí estamos os rapaces e rapazas de 4º para amosarvos unhas imaxes do noso traballo de investigación na biblioteca do colexio.
Este ano estudiamos os catro grupos dos seres vivos, así que estivemos buscando información sobre os animais, as prantas, os fungos e os microorganismos para, despois, elaborar uns murais que nos quedaron moi chulos e que temos expostos na nosa clase.

9/12/11

10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


7/12/11

HIMNO OLÍMPICO


Ola a todos!
Este primeiro trimestre os alumnos e alumnas de 6º curso traballaron sobre o Himno Olímpico: cando xurdiu, quen compuxo a música, de quen é o texto, cando e como chegou a ser elixido Himno Olímpico..... e outras curiosidades máis que deixaron plasmadas nun mural que podedes ver na entrada do colexio.

E aquí vos deixamos un vídeo no que o podedes escoitar, ó tempo que disfrutades dunhas estupendas imaxes deportivas.


29/11/11

CULTURGAL 2011

Ola a todos. Hoxe traemos unha nova moi interesante: "Culturgal 2011".

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

Para máis información, preme abaixo:




14/11/11

"BARCELONA"

Como xa sabedes, o 22 de Novembro celébrase o día de Santa Cecilia, a patrona dos músicos. Este ano, no que traballamos os Xogos Olímpicos, a través do panel de información da nosa Biblioteca, descobrimos moitísimas cousas sobre unha das máis belas cancións das Olimpiadas. Referímonos á que foi canción oficial dos Xogos Olímpicos Barcelona ´92: "Barcelona".
O único que non poidemos facer a través do panel informativo foi escoitala, así que aquí vos deixamos este vídeo para que poidades disfrutar dela tal e como foi interpretada no concerto de Montjuic, previo á celebración dos Xogos.

Esperamos que vos guste!!!





25/10/11

MOCHILAS VIAXEIRAS 11-12

Co gallo da celebración do día das bibliotecas o 24 de outubro, no noso cole puxemos a rodas as mochilas viaxeiras, con contidos renovados: poesía, libros para familias, música... Viaxarán polos fogares de todos/as os/as nenos/as durante todo o curso.
Este ano as mochilas foron entregadas dun xeito especial polos nosos axudantes de biblioteca (con imposición de bandas e todo) que foron polas aulas presentando as mochilas e explicando os contidos, as normas...
Os/as nosos/as axudantes de biblioteca merecen unha mención especial: están motivados descobrindo todas as posibilidades da nosa biblio, teñen ideas orixinais e novidosas, orientan aos rapaces/rapazas máis pequenos/as cando veñen coller libros de préstamo...
A Biblioteca da Maga Tomasa de seguro fará un sprint este ano grazas á súa axuda!

12/4/11

SEMANA DO LIBRO

Os días 13, 14 e 15 de abril, nos nosos bosques de lectura, coñeceremos a
GIANNI RODARI

Faremos lecturas rodarianas e o pasaremos moi ben!!!

Para celebrar o Día do Libro, 23 de abril de 2011, as mestras Patricia, Vanesa, Pilar, Sali e Paloma narrarán ós alumnos de primaria contos de Rodari, como "El camino que no iba a ninguna parte", entre outros.
E os rapaces e rapazas de educación infantil poderán disfrutar da representación de "A outra historia de Carapuchiña" a cargo dos excelentes actores e actrices de 1º de primaria.

9/4/11

Dúas novas series infantís de animación en galego.

OQO editora, en colaboración coa TVG, anuncia a próxima emisión de dúas series infantís de animación audiovisual, feitas en Galicia e en galego: Caracois e Os contos do Camiño. Ambas están baseadas en exitosos álbums ilustrados de OQO editora que forman parte das bibliotecas escolares e das librerías desde 2005, ano en que botou andar a editorial galega.
Se queredes máis información, visitade a páxina web do noso centro.

22/3/11

" O MEDO DE MO"


Este é o título da lectura recomendada no pasado Nadal para os nenos e nenas do primeiro ciclo.
Hoxe disfrutaron dunha sesión de contacontos...Ben, en realidade, máis ben foi que os rapaces contaron todo o que leron no libro, nunha actividade interactiva que rematou coa invención, entre todos, dun rap a partir de 5 palabras (doce, corazón, amigos, amor e primavera):

"Cando chega a primavera
doces amigos
con todo o corazón
para amar ós inimigos"

Xa só fai falla un pouco de imaxinación para poñerlle ritmo.

18/3/11

ANIMAR-TE NO COLE!

O mércores 16 de maio tivemos unha visita moi, moi animada e divertida!
Estiveron no noso cole os rapaces de ANIMAR-TE, que trouxeron a obra "A historia de Martín", un espectáculo cheo de cancións, risas, sorpresas... pasámolo fenomenal, rimos moito, cantamos, bailamos,... e descubrimos que todos somos diferentes pero igual de importantes e necesarios.
Moitas grazas a Xiada e Miguel por facernos pasar unha mañá tan abraiante!
Podedes ver as fotos con máis detalle na Galería da páxina web do cole.

É VERDADE!

O xoves 3 de marzo visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano, co tema "É mentira", coñecimos a historia do rato Paco Trolas, que se metía en líos por non dicir a verdade...
Foi un espectáculo chulísimo, con imaxes, luces,... e o acompañamento marabilloso da música do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que cativou a todos os nenos e nenas.
Antes de irnos estivemos saudando a ORBIL, a mascota do Salón, e lle prometimos voltar o vindeiro curso.
Todas as fotos na Galería da páxina web do centro



4/3/11

O 18 de febreiro comezou a andaina da nosa BIBLIOTECA DE FAMILIAS. Son xa moitos os pais e nais que se achegaron á entrada da sala da ANPA, onde se pode atopar unha pequena escolma de títulos sobre crianza ("Todas las madres del mundo"), estilos educativos ("El arte de educar"), guías de lecturas axeitadas ás diferentes idades... que esperamos sexan do voso interese.


Dende o noso proxecto de "Casas lectoras" gustaríanos que as familias recuperedes o tempo para a lectura, porque:
"A lectura da noite é, de seu, un ritual que se debe respectar(...)Sabemos canto reduce a angustia poñer palabras ao que vivimos e compartir esas palabras".
GENIÉVE PATTE.