Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

21/3/12

DIA MUNDIAL DA POESÍA 2012

Hoxe, 21 de marzo de 2012 celébrase o DIA MUNDIAL DA POESÍA. Con este motivo, propoñémosvos achegarvos ata esta actividade LIM sobre "O año pitaño". Trátase dunha actividade máis ben dirixida a nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, pero aínda así, animádevos a botarlle unha ollada.

Clica na imaxe para ir directamente á actividade


1/3/12

ENTROIDO OLÍMPICO

O venres 17 de febreiro celebramos un espectacular entroido olímpico no noso cole. Inauguramos os Xogos Olímpicos de Navia cun desfile do facho olímpico, a bandeira e a nosa mascota "Castelín"- "Little Castle" que presidiron toda a cerimonia dende o podio.
Fixemos un percorrido "olímpico" dende a Antiga Grecia (representada polos mestres e parte do alumnado de primaria) ata as olimpiadas modernas.
Coñecimos o himno olímpico, cancións oficiais de distintas olimpiadas, abandeirados de diferentes países representaron as nacionalidades que conviven no centro e desfilaron deportistas de moitas das disciplinas de inverno, e algúns deles...ata se animaron a bailar!
Toda a comunidade educativa participou do evento e coincidimos en que foi un dos mellores entroidos do noso cole porque aprendimos, compartimos, disfrutamos todos xuntos...
Agora toca seguir aprendendo cousas das disciplinas olímpicas e seguir traballando os percorridos dos fachos: do noso propio e do que chegará a Londres no mes de xullo.

video