Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

20/11/09

MERLIN AND KING ARTHUR

O alumno do terceiro ciclo asistiou ao Auditorio Helios de Bembrive para ver ao obra de teatro "Merlin And King Arthur"
Cun texto totalment en inglés, e cancións en directo, relátanse as aventuras do xove Arthur. Baixo a maestría do Mago Merlín, e sorteando ás trampas que lle pon a meiga Morgana, o xove convírtese finalmente en rei de Inglaterra, ao ser o primeiro en sacar a espada "Excalibur" da rocha onde estaba clada. Unha viaxe chea de maxía e bo humor.




6/11/09

Teatro inglés

Os alumnos de Educación primaria do primeiro e segundo ciclo pasáronlo moi ben nesta actividade organizada polo Concello de Vigo -Vigo Activities.
Aquí tedes as fotos.
Saúdos

5/11/09

Libros para prelectores

Prezadas familias:
Aquí tedes unha listaxe de libros recomendado por BLIX
(Biblioteca de Literatura infantil e xuvenil) para aos vosos fillos/fillas.

Unha aperta

http://www.filix.org/catalo1.html

30/10/09

Exposición de cabazas. Samaín 2009

Ola amigos e amigas!
Deixovos aquís as fotos da nosa exposición de cabazas.
Canta creatividade! Parabéns e bo Samaín!


5/10/09

Por cuatro esquinitas de nada




A nosa compañeira Belén Junquera nos deleita outra vez con este precioso conto para traballar as pequenas pero importantes diferenzas!!

Conto de Jérôme Ruillier editado por Juventud que trata sobre a inclusión e a integración.
Abur.

Conto "A CASA DA MOSCA CHOSCA"




É unha adaptación de Eva Mejuto a partires dun conto popular ruso.
Trátase dunha historia moi divertida e orixinal na que a protagonista, a Mosca Chosca, constrúe a súa propia casa. Organiza unha festa para inaugurar o seu novo fogar e por alí van pasando o Escaravello revello, o Morcego Chairego, o Sapo Castrapo, a Moucha Repoucha, a Raposa Chistosa, o Lobicán Pillabán e.....

Saúdos

21/9/09

Benvidos e benvidas a este curso escolar 09-10

Ola,ola! Xa retomamos o noso blog que o tiñamos un pouco abandonado.
Queremos dar a benvida ao novo alumnado e as súas familias. Moi especialmente aos máis cativos e cativas!
Para eles e elas dedicamos este conto da compañeira Belén Junquera.
Saúdos


30/6/09

Festival de final de curso

Aquí tedes as fotos do Festival de final de curso
Feliz verán.
Saúdos

FOTOS GRUPOS DE ALUMNOS E ALUMNAS

Aquí tedes as fotos dalgúns do nosos alumnos e alumnas.
Esperamos que vos gusten
Unha aperta

29/5/09

fotos do dia das letras galegas 2009

Prezadas familias!
Aqui podedes ver as fotos do Dia das letras galegas deste ano.
Grazas Paco por facilitarnos as fotos.
Saúdos.

13/5/09

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ




Polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego, a Real Academia adícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009 a Ramón Piñeiro López, intelectual e político que desenvolveu a súa actividade en Galicia, sendo ademais unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX.
Naceu en Armeá-Láncara (Lugo) o 31 de xullo de 1915 e faleceu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.
Estudou Filosofía e Letras en Santiago e Madrid.
Membro do Partido Galeguista, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, nacida coa misión de darlle á literatura galega un novo pulo, e que estivo dirixida por el así como tamén a revista Grial, En 1967, Ramón Piñeiro saíu elixido membro numerario da Real Academia Galega e defendeu un discurso que levou por título 'A linguaxe e as linguas'. De acordo coa súa defensa da cultura galega participou e foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega en 1983 e importante promotor da normalización do galego. Formou parte do primeiro Parlamento Autonómico. En 1985 recibiu a Medalla Castelao.
A súa obra non é moi abundante, xirando frecuentemente arredor do pensamento e a filosofía, e destacando principalmente a saudade, sendo un importante autor de ensaios como “Significado metafísico da saudade”, “A saudade de Rosalía”, ou “Filosofía da saudade”. Tamén a súa labor como ensaísta aparece parcialmente en libros como “Olladas no futuro”, “Galicia”, “A Linguaxe e as linguas” ou “Lembrando a Castelao”.
Autor de traballos relacionados coa normalización da lingua galega, tamén foi un dos primeiros en traducir obras de outros idiomas ao galego.

5/5/09

Fina Casalderrey


FINA CASALDERREY

O martes día 5 de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Fina Casalderrey que nos contou cousas moi interesantes.
Os libros escollidos en E.P. na campaña de animación á lectura foron: “¿Quen me quere adoptar?” (1º), “Derradeira carta ós Reis Magos” (2º), "Chamizo" (3º), "A lagoa das nenas mudas” (4º), “Dúas bágoas por Máquina" (5º) e “Ás de mosca para Anxo” (6º).

BIOGRAFÍA

Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve (Pontevedra) en 1951, e reside actualmente en Lérez. Cando seu pai e súa nai deixáronlle decidir sobre o seu futuro e escoller entre coser e facer maxisterio, ela decantouse polo último. Nunhas notas autobiográficas di que chorou cando chegou á súa primeira escola aos 19 anos, e chorou aínda máis cando tivo que despedirse dela.
Traballa actualmente como profesora nun I,E,S.
Leva acadado varios premios e distincións honoríficas pola súa obra literaria, gastronómica e periodística, e traducida a todas as linguas de España e tamén ao portugués
Gústalle a investigación etnográfica e colabora en prensa e revistas especializadas e en diversos eventos literarios, sendo unha das súas afeccións o teatro.
En 1991 acadou o premio Merlín de Literatura Infantil polo libro “Dúas bágoas por Máquina” que é o libro lido en 5º.
No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa.

15/4/09

O CAPTADOR DE CONTOS "ANXO MOURE"

Ola, ola! Temos noticias que darvos!
Este venres 17 de abril temos a ledicia de dar a benvida a Anxo Moure.
Chegará ao noso colexio coa sú bicicleta solidaria. Se queredes saber máis sobre el consultar os seguintes links.
Abur!
http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm



26/3/09

O TREN DA LINGUA

Ola, ola! Aquí tedes as fotos do tren da lingua dos nenos e nenas do primeiro de Educación Primaria.
Saúdos.

25/3/09

CONTARTE- "SOÑOS DE TETEIRA"

Onte Martes tivemos a segunda sesión do obradoiro "Soños de Teteira" a cargo da editorial OQO. Esta vez participaron o alumnado de terceiro de primaria e algúns alumnos e alumnas de primeiro.
Pasámolo moi ben!
Aquí podedes ver as nosas fotos!



23/3/09

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

Ola, Ola! Hai uns dias que informabamos dun fantástico libro que estaba a punto de chegar ao marabilloso mundo da literatura infantil.
Aquí o tedes....!





A Editora Patas de Peixe aposta forte por un libro que sera o deleite dos máis cativos e cativas e tamén dos maiores!!!
Podedes adquirilo en:
http://patasdepeixe.wordpress.com
libraría Andel de Vigo
Libraría Librouro de Vigo
Saúdos mariñeiros e mariñeiras.

16/3/09

Os bolechas e Pepe Carreiro

A visita de Pepe Carreiro foi acompañada coas explicacións de como naceron os prezados bolechas.
Agradecémonos que nos obsequiera cos debuxos de Braulio, Loli, Tatá, Chispas...


Visita de Pepe Carreiro ao noso colexio

O Xoves 12 de marzo tivemos a gran ledicia de contar coa visita de Pepe Carreiro ao noso colexio.Tanto grandes e pequenos deleitámonos coas súas explicacións e os seus debuxos.Mirade os máis cativos e cativas que contentos e contentas estaban...


13/3/09

PEPE CARREIRO


PEPE CARREIRO

Este debuxante e humorista gráfico naceu en Vigo en 1954. Uns dos primeiros debuxos de Pepe Carreiro foron carros tirados por cabalos. Os seus pais rexentaban un bar e no Vigo de finais da década dos 50 aínda era habitual que o reparto das bebidas se fixese neste tipo de vehículos. No colexio realizaba caricaturas dos compañeiros e dos profesores e rápido colleron sona as súas dotes como debuxante. Comezou en 1977 coa banda “O fillo de Breogán”. Foi un dos fundadores de “Can sen Dono”. Ten colaborado en “El Pueblo Gallego”, “Faro de Vigo”, “La voz de Galicia”, e “A Nosa Terra” entre outros, así como na primeira etapa da revista “Golfiño”.
Como ilustrador ten acadado moita fama entre todos os nenos e nenas de Galicia grazas as aventuras de Tatá, Carlos, Braulio, Pili, Loli, Sonia e o canciño Chispa que forman a gran familia dos Bolechas, serie iniciada no 2000, da man da editorial A Nosa Terra, na que os fillos dunha familia numerosa fan da vida cotiá unha aventura constante.
No seu currículo figura tamén a creación da Historia de Galiza para rapaces e da Historia universal tamén para o público infantil.
No 2003 recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada.
Coa editorial Toxosoutos ten en marcha a serie Os Barbanzóns, unha familia castrexa que habita no Castro de Baroña.

11/3/09

RETRATARTE. PLÁSTICA CREATIVA


O alumnado de 4º e 5º de Primaria participaron no obradoiro RETRATARTE.PLÁSTICA CREATIVA.


Arte e literatura danse a man no Gran libro dos retratos de animais.Libro infantil Mellor Editado 2007 polo Ministerio de Cultura e Mención de Honra no Bologna Ragazzi Award 2008.
Partindo de famosos retratos de artistas como Leonardo, Durero, Vermeer..., Svjetlan Junakovic propón un exercicio de enseño e imaxinación recreando unha particular galería onde os protagonistas son animais.
Neste obradoiro achegarémonos á arte, mergullándonos na memoria dos artistas e dos protagonistas das pinturas facendo un percorrido pola historia do retrato.
Remataremos meténdonos na pel dun artista e facendo a nosa propia galería de arte.


Queredes ver o ilusionados que estaban os nosos alumnos e alumnas neste obradoiro




CONTARTE- SOÑOS DE TETEIRA. XOGANDO CO SURREALISMO


Hoxe fixemos o primeiro obradoiro de Soños de Teteira. Xogando co surrealismo.

Participaron o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Xogamos coa transformación de obxectos cotiás (espertador, zapatillas, tixola...) Permite unha visión diferente dos elementos do libro O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira...



CONTARTE. EXPOSICION


Esta semana fixemos unha exposición de contos da editorial OQO relacionada co mundo do arte.
Foi moi interesante e os contos eran lindísimos!





O TREN DA LINGUA

Ola, ola! O martes 3 de marzo @s alumn@s de educación infantil de 5 anos e de primeiro de Educación Primaria viaxaron no tren da lingua de Vigo a Pontevedra. Para alguns cativos e cativas era a primerira vez que subían nun tren.
Pasámolos moit ben!



3/3/09

EDITORA PATAS DE PEIXE

Ola, Ola! A Maga Tomasa ten noticias frescas.
A Editora Patas de Peixe http://patasdepeixe.wordpress.com hai pouco que está no mercado. Busca mariñeiros que lles goste devorar libros. Moi pronto estará na nosa mesa para saborear unha gran obra de Oliver Jeffers

"O incrible neno devorador de libros"


A Maga Tomasa xa tivo o pracer de ser a primeira en ter un exemplar!!!
Non vos preocupedes... Terémosvos informad@s de cando estará no mercado!!!!
É unha pasadaaaaaaaaaaaa!

Abur.

18/2/09

Saber máis sobre o Entroido!

"Días nos que está permitido o que non o está no resto do ano...


en que se poden facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal,
serían faltas graves contra da boa crianza e aínda contra as mesmas leis…
O entroido presenta certo aspecto de "o mundo ao revés"
Vicente Risco


Se queres saber máis cousas do Entroido en Galicia e fora de Galicia preme aquí



16/2/09

Preparando o Entroido!!!!


O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos.


Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante outras épocas, malia que se mantivo vivo nas aldeas.


Aínda que o entroido é celebrado ao longo de toda Galicia, nas nosas aldeas, pobos, vilas e cidades; os entroidos máis famosos da nosa Comunidade son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco

coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións secretas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.



Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os “boteiros” e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa que se pechará un mércores de cinza coa queima do Meco, o enterro da sardiña ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.



Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego- é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son algunhas das comidas típicas destas festas.






BO ENTROIDO A TODOS E A TODAS!






























Preparando o Entroido!!!!

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos.

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante outras épocas, malia que se mantivo vivo nas aldeas.


Aínda que o entroido é celebrado ao longo de toda Galicia, nas nosas aldeas, pobos, vilas e cidades; os entroidos máis famosos da nosa Comunidade son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións secretas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os “boteiros” e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa que se pechará un mércores de cinza coa queima do Meco, o enterro da sardiña ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego- é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son algunhas das comidas típicas destas festas.

BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!

9/2/09

Carta do Xefe Indio Seattle

Os alumnos e alumnas de 4º e 6º de Educación Primaria traballaron o Día da Paz a Carta que o Xefe Indio Seattle enviou en 1854 ao gran Xefe branco de Washington, en resposta á oferta de este de mercarlle unha gran extensión de terras...

http://www.guelaya.org/textos/jefe%20indio.htm





O dia da Paz

O Venres 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz.
O libro que traballamos durante toda a semana en Infantil foi "El día de la Paz" de Todd Parr.
Gustounos moito!

Biblioteca da Maga Tomasa

...As nosas mochilas seguen viaxando e percorrendo o mundo...!


SÍLVIA -ÓSCAR-


FAMILIAS E ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



TATIANA -SARA-





Posted by Picasa

2/2/09

QUE PENSAN AS FAMILIAS E OS ALUMNOS/AS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS?



As opinións dos máis pequerrechos e
pequerrechas...

AS MOCHILAS VIAXEIRAS




Co gallo do Día das Bibliotecas naceu a iniciativa das "Mochilas Viaxeiras".
Que gran idea! A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novas.

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

- A Maga Tomasa-