Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

9/12/16

Recreos na biblioteca da maga Tomasa

Ola familias . Éstas son as actividades que se fan no recreo na biblioteca da maga Tomasa. Laura

2/11/16

CONTACONTOS TERRORÍFICOS

Para celebrar o día do Samaín, os axudantes de biblioteca contaron contos e poesías terroríficas aos nenos e nenas de 4 e 5 anos, e aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Primaria. Pasamos moito medo!!!! Laura

26/10/16

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias, por fín chegou o día no que a biblioteca da Maga Tomasa abriu as súas portas. Coincidindo coa celebración do día das bibliotecas escolares, os axudantes da biblioteca presentaron as mochilas viaxeiras a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Xa están viaxando polas casas... Éste ano viaxaremos todos con CASTELAO POLO MUNDO. Laura.

29/4/16

O día do libro os axudantes de biblioteca de 6º representaron un teatro nos centros veciños de APAMP e ALENTO. Aquí tedes as fotos dese maravilloso día. Laura
Para conmemorar o día da poesía e o día da muller traballadora os axudantes de 5º de primaria fixeron un recital dunha poesía de Teresa Zataraín, un contacontos do libro de Rosalía de Castro “Parece unha rosa” , e representaron unha canción de Rosalía “ Adeus ríos, adeus fontes”

2/2/16

CONTACONTOS DÍA DA PAZ

Ola familias: para celebrar o día da paz na bilbioteca da Maga Tomasa , as axudantes de biblioteca de 6º de Primaria prepararon o conto " Bailar nas nubes " , para contar aos nenos e nenas de 3º  e 4º de Primaria. 
Aquí tedes o resultado.











OBRADOIRO DO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO

Ola familias
O pasado 30 de Xaneiro celebramos o 130 aniversario do nacemento de Castelao. Para esta celebración os alumnos de Educación Primaria  modificaron as súas obras gráficas dándolles un toque persoal e divertivo. Aquí tedes a proba.
Laura