MÁIS NOTICIAS DA MAGA TOMASA...!



Ola, ola! Son a Maga Tomasa, a mascota da Biblioteca do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo. Retomamos o noso blog que por motivos técnicos estivo parado no primeiro trimestre deste curso escolar mais volvemos con moito agarimo e ledicia.
Neste tempo celebramos O Día da Biblioteca e ese día preparei un agasallo para tod@s, tamén para o profesorado: unha mochila viaxeira cunha manchea de contos.
A verdade que estou encantada cada mércores cando os nenos e as nenas e tamén os profesores que levan a mochila para casa van dando saltos de ledicia e cun sonriso de orella a orella...
Tamén celebramos o Día da no-violencia. Nas clases dos máis pequerrechos explicaron o conto "La Familia dos Porcos" e despois me fixeron un debuxo moi lindo.
Aquí os deixo unhas fotos! Ata a vindeira mensaxe! Abur!!!!

- A Maga Tomasa-

Comentarios

Entradas populares