Fina Casalderrey


FINA CASALDERREY

O martes día 5 de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Fina Casalderrey que nos contou cousas moi interesantes.
Os libros escollidos en E.P. na campaña de animación á lectura foron: “¿Quen me quere adoptar?” (1º), “Derradeira carta ós Reis Magos” (2º), "Chamizo" (3º), "A lagoa das nenas mudas” (4º), “Dúas bágoas por Máquina" (5º) e “Ás de mosca para Anxo” (6º).

BIOGRAFÍA

Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve (Pontevedra) en 1951, e reside actualmente en Lérez. Cando seu pai e súa nai deixáronlle decidir sobre o seu futuro e escoller entre coser e facer maxisterio, ela decantouse polo último. Nunhas notas autobiográficas di que chorou cando chegou á súa primeira escola aos 19 anos, e chorou aínda máis cando tivo que despedirse dela.
Traballa actualmente como profesora nun I,E,S.
Leva acadado varios premios e distincións honoríficas pola súa obra literaria, gastronómica e periodística, e traducida a todas as linguas de España e tamén ao portugués
Gústalle a investigación etnográfica e colabora en prensa e revistas especializadas e en diversos eventos literarios, sendo unha das súas afeccións o teatro.
En 1991 acadou o premio Merlín de Literatura Infantil polo libro “Dúas bágoas por Máquina” que é o libro lido en 5º.
No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa.

Comentarios