Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

11/2/10

Entroido na libraría Kalandraka!

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA MAÑÁ A SÚA FESTA DE ENTROIDO

CON CONTOS SOBRE O AMOR E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

LIBROS PARA SOÑAR celebra mañá venres, a partir das 18:30, a súa habitual sesión

de animación á lectura, que estará adicada ao Entroido. Os visitantes da libraría infantil do Casco Vello

acudirán disfrazados á súa cita semanal cos libros e coa oralidade; por un día converteranse en princesas,

heroes, piratas, fadas e personaxes dos seus contos favoritos. Tamén haberá un obradoiro de maquillaxe

para que todos luzan a mellor caracterización acorde ao vestiario dun día tan especial.

No hay comentarios: