Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

15/12/10

Obradoiro para familias "Contamos todos"

Dende a Biblioteca da Maga Tomasa queremos convidarvos o vindeiro venres 17 ao obradoiro para nenos/as e familias "CONTAMOS TODOS" impartido por Amalia Pérez Otero en horario de 17 a 19 horas, no que, dun xeito ameno para pais e rapaces analizaranse os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa. Aprenderemos a contar e inventar contos aos fillos/as coa finalidade de que sexa un momento de encontro e, asemade, fomentar o gusto pola lectura.
Na entrada do cole tedes algún dos libros desta mestra, psicopedagoga e escritora para poder consultalos. E aquí tedes o seu blog.
Esperámosvos.

No hay comentarios: