ENTROIDO OLÍMPICO

O venres 17 de febreiro celebramos un espectacular entroido olímpico no noso cole. Inauguramos os Xogos Olímpicos de Navia cun desfile do facho olímpico, a bandeira e a nosa mascota "Castelín"- "Little Castle" que presidiron toda a cerimonia dende o podio.
Fixemos un percorrido "olímpico" dende a Antiga Grecia (representada polos mestres e parte do alumnado de primaria) ata as olimpiadas modernas.
Coñecimos o himno olímpico, cancións oficiais de distintas olimpiadas, abandeirados de diferentes países representaron as nacionalidades que conviven no centro e desfilaron deportistas de moitas das disciplinas de inverno, e algúns deles...ata se animaron a bailar!
Toda a comunidade educativa participou do evento e coincidimos en que foi un dos mellores entroidos do noso cole porque aprendimos, compartimos, disfrutamos todos xuntos...
Agora toca seguir aprendendo cousas das disciplinas olímpicas e seguir traballando os percorridos dos fachos: do noso propio e do que chegará a Londres no mes de xullo.

Comentarios

Entradas populares