EU TAMÉN ESTIVEN ALÍ!


Axudádenos a completar o Catálogo de Visitantes!

Esta última semana, as aulas de Primaria e Infantil 5 anos tivemos o privilexio de acudir ó Museo do Mar para ver o Pergamiño Vindel. Estivemos moi interesados e entusiasmados.

Sabemos que moitos de vós xa visitarades a exposición, e que outros moitos voltaredes alí. E a ocasión ben merece unha foto. Xa nun post anterior convidarámosvos a compartir as vosas instantáneas connosco. Mais, como en todo na vida, alguén ten que romper o xeo. Eses valentes foron os nenos e nenas de 3º de Primaria, que pousaron en dous grupos. Agora só falta o retrato do fotógrafo!



Convidamos novamente a toda a Comunidade Educativa a nos enviar os seus retratos á nosa dirección de correo electrónico: 

biblionavia@gmail.com

Non esquezades indicar no asunto: Catálogo de Visitantes. 

Ánimo, campeóns!

Comentarios