FORMACIÓN DE USUARIOS...


... cos pequenos de Primaria. 

A segunda semana do trimestre houbo moito movemento na Biblioteca. Entre outras cousas, a profe Patricia acudíu alí cos rapaces de 1º, 2º e 3º para desenvolver unha sesión de Formación de Usuarios.

Partindo do fermosísimo álbum ilustrado de Taeeum Yoo titulado O peixe vermello coñecimos a diferencia entre os libros de ficción e os libros informativos.

 

Logo traballamos sobre as informacións que nos ofrecen a cuberta e a etiqueta dos libros. Para iso  empregamos outros dous documentos da nosa biblioteca: O libro dos Porcos, de Anthony Browne, e O Porco, de Adela Leiro.



Para rematar, fixemos unha ficha

Comentarios