BO CAMIÑO!


Para os peregrinos de 4º curso de Primaria.

O tema do PDI deste curso (Palabras que trae o mar) resulta realmente fascinante. O punto de partida foi centrarnos na visita do Pergamiño Vindel. Pero enmarcar o documento no seu contexto histórico - social abre un montón de posibilidades de estudio.

Sen dúbida, os poemas de Martín Códax recollidos no Pergamiño non son alleos a un movemento reloixioso e cultural que comezou na Idade Media e que continúa puxante nos nosos días: O Camiño de Santiago.

Este ten sido o tema elixido polo alumnado de 4º de Primaria, que, para comezar a súa investigación, tense cuestionado que saben e que queren saber sobre o tema.

No seu blog de aula teñen recollido as respostas en dous muros de Padlet que insertamos tamén no noso blog.


Hecho con Padlet

Hecho con Padlet


Imaxe: GABRIEL GONZÁLEZ. De peregrino por Compostela. En Flikr. CC BY.

Comentarios