DESPEDIDA DO ALUMNADO BIBLIOTECARIO


Traballadores exemplares!

Un día antes de rematar o curso quixemos dar unha despedida como se merece ó noso alumnado bibliotecario. Un grupo de rapaces e rapazas entusiastas, solidarios e totalmente volcados na biblioteca que realizaron un gran traballo e supuxeron unha axuda moi eficaz.

Despedimos con mágoa ó grupo de 6º de Primaria, que marchan para o Instituto, onde sabemos que desenvolverán un gran papel na animación da súa nova biblioteca. E dicimos ata o curso ós de 5º, que, en setembro, titorizarán ós seus compañeiros máis pequenos.

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a distintos momentos da xuntanza, que rematou co reparto de cadernos para todos.


Grazas, chicos! Vémonos na Biblioteca!

Comentarios