HORA DE LER EN 2º DE PRIMARIA

 


Unha gozada!

Pois si. É unha gozada ver como a Hora de Ler xa constitúe unha fermosa rutina nesta aula. Cadaquén elixe libremente o formato e o contido da súa lectura. Algúns somos fans de Bea Campos, e gozamos unha e outra vez cos seus contiños. 


E outros estamos tan enganchados ás nosas lecturas que, con toda naturalidade abstraémonos de todo e metémonos nun campo de fútbol, ou na era dos dinosauros, no mundo da nosa heroína favorita... ou nunha aventura de cómic. 






Bravo, superlectores e lectoras!

Comentarios