O NOSO PATIO VIVO SEGUE A MEDRAR

Preparando novos xogos para o vindeiro curso. 

Estes días non hai tregua. Coa colaboración da ANPA e da Comunidade de Montes de Coruxo, o noso Patio Vivo segue a medrar: xa temos unha cociña e unhas cordas de trepa; e as familias daranlle os últimos retoques ós xoguetes feitos con troncos que xa temos no noso xardín.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos para ir supervisando o estado das obras. 

Que ganas de ver á cativada gozando con eles!

Comentarios