POLO DÍA MUNDIAL DA RADIO...


... investigamos sobre os personaxes do Entroido galego. 

Nas últimas semanas, o alumnado de 5º de Primaria estivo a investigar sobre o Entroido, e plasmou os resultados da dita investigación nun precioso mural que colga no corredor. 

Aproveitando este traballo, a rapazada gravou un podcast a instancias da Asociación Ponte nas Ondas, para conmemorar o Día Mundial da Radio, que se celebrará o vindeiro martes día 13 de febreiro. Esta data tan senlleira cumprirá o seu primeiro centenario este día. 

Aquí vos deixamos o seu programa. 


Pero se queredes seguir o programa que Ponte nas Ondas creou para todos para conmemorar este día, podedes premer neste enlace

Comentarios