CANTO APRENDEMOS COCIÑANDO!
Co alumnado de 2º B.
Hoxe estivo na Cociña da Tomasa o derradeiro grupo de alumnado de 2º B. Estivemos cociñando crema de verduras e arroz con vexetais.
Estes son os produtos da horta que empregamos:
CREMA DE VERDURAS
1. Lavamos o porro, o pemento, o apio, a leituga e as acelgas.2. Troceámolos en anacos grandes e pómolos na ola.3. Pelamos a pataca. Lavámola, troceámola e pómola na ola.4. Pelamos a cebola. Troceámola e botámola na ola.5. Engadimos sal e auga,6. Pomos a ola na cociña.7. Cando a pataca estea branda retirámola.8. Pasamos todo polo batedor.9. Engadimos os queixos en porcións e seguimos batendo.
1. Pelamos a cebola e picámola en anaquiños pequenos.2. Lavamos o porro, o pemento, o tomate, os tirabeques e as acelgas da horta. Picámolos en anaquiños pequenos.3. Debullamos as fabas. Sacámoslle a pel coa punta dun coitelo ou coa unlla.4. Pelamos a cenoria. Lavámola e cortámola en cadradiños pequenos.5. Botamos todos os ingredientes anteriores nun wok con sal e un pouco de aceite.6. Pomos o wok na cociña.7. Cando estea bastante feito engadimos un vaso de arroz.8. Removemos cunha culler de pau.9. Engadimos dous vasos de auga.10. Deixamos facer a lume forte.11. Cando case non quede auga botamos as fabas.
Todo o proceso que temos exposto foi documentado polo propio alumnado. Así xurdiu un extenso álbum de fotos con encuadres dignos de grandes fotógrafos. Quen sabe o que nos deparará esta cativada! Se premedes na seguinte imaxe accederedes ó álbum.
Pero o máis sustancioso foi compartir mesa coa cativada. E alí eles mesmos analizaron o traballo desenvolvido, e descubriron moitas das cousas que aprenderon:
- fixeron tarefas que nunca antes desenvolveran (cociñar, fregar);
- aprenderon a relaxarse, cociñando ou debullando;
- traballaron a motricidade fina;
- practicaron a virtude da paciencia (que importante!)
- empregaron vocabulario en galego;
- traballaron en equipo, axudándose os uns ós outros;
- probaron ingredientes que nunca antes comeran;
- compartiron saberes (por exemplo: Abril aprendeunos a linguaxe dos cubertos: como dicir que a comida nos gustou moito).
Por último, teño que felicitar a este grupo de cativos e cativas, pero tamén ás súas familias. Ningún outro grupo anterior esforzouse tanto por colaborar e deixar as instalacións da nosa cociña tan limpas e ordeadas.
Parabéns por aprenderlles tan ben, papás e mamás!
Comentarios