BIBLIOTECAS ESCOLARES, Á ESCENA!

O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 


PENÉLOPE

DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?

   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior

Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. 

É por iso que as nosas bibliotecas sairán á escena para ler, interpretar, escribir... co teatro. 

Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia


Comentarios